Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística participa na inauguración da mostra dedicada a Manuel Rodríguez López
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da mostra itinerante dedicada á vida e obra de Manuel Rodríguez López, que tivo lugar no concello de Paradela, en Lugo.
Fonte: Xunta de Galicia
Emparellados, un quebracabezas para Android, pode xogarse en galego
Emparellados é un quebracabezas para pasar o tempo no móbil ou tablet cuxa interface pode configurarse para amosar textos en español, galego, inglés e koruño.
Fonte: Código Cero
O BNG esixe a publicación do programa de festas de María Pita en galego antes de agosto
O BNG está en desacordo con que "un ano máis" a publicación impresa en galego do programa de festas de María Pita se publicase unha vez iniciadas as festas.
Fonte: La Opinión
Valentín García acompaña a Neira Vilas na presentación das dúas novas obras do escritor na Feira do Libro da Coruña
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou ao escritor e académico da lingua galega Xosé Neira Vilas, na presentación de dúas novas obras na Feira do Libro da Coruña.
Fonte: Xunta de Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia ante o Valedor do Pobo "presións" da Deputación da Coruña para non usar o galego
A Mesa pola Normalización Lingüística pediu a intervención do Valedor do Pobo ante as "presións da Deputación da Coruña para que un funcionario non use o galego no traballo", un caso que consideran "extremadamente grave".
Fonte: Praza Pública
As xincanas lingüísticas conclúen en Cerceda, Ordes e Castrelo de Miño a xira de verán pola Rede de Dinamización Lingüística
A actividade de promoción do galego na época estival Augalingua, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, conclúe o seu itinerario por 18 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Nace a revista ‘Oink!’, a única para cativos integramente en galego

O espírito do Xabarín Club, o famoso programa para cativos da Televisión de Galicia (TVG), volve rexurdir en forma de revista da man de Oink!. A publicación converterase na única dirixida a menores de entre 6 e 15 anos que se edite integramente en lingua galega.
Fonte: Sermos Galiza
O PPdeG propón que a cidadanía poida consultar a súa historia clínica en español, inglés e galego
O voceiro de Sanidade do PPdeG, Miguel Santalices, anunciou que presentará, para o seu debate no novo período de sesións no Parlamento, unha iniciativa na que propón que todos os pacientes poidan consultar a súa historia clínica e que esta estea en español, inglés e galego.
Fonte: Galicia Hoxe
O secretario xeral de Política Lingüística participa na entrega dos Alecríns 2013 en Quiroga
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na xuntanza da Federación de Entidades Galegas en Cataluña e na entrega dos Alecríns 2013.
Fonte: Xunta de Galicia
'Rosalía Pequeniña' e 'Peter Punk' continúan o seu percorrido pola Rede de Dinamización Lingüística
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a programar actividades de dinamización lingüística destinadas ao tempo de lecer unha semana máis, con 'Rosalía Pequeniña' e 'Peter Punk'.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín