Galicia

Só unha de cada mil lápidas e dúas de cada cen necrolóxicas están escritas en galego

Que ao morrer non se perda, ademais da vida, a lingua. É o propósito para o que traballa desde hai anos a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNLG) e que agora se materializa nunha campaña específica dirixida ao uso do galego nos cemiterios, necrolóxicas e demais honras fúnebres.

Fonte: Faro de Vigo

O secretario xeral de Política Lingüística participa na entrega dos Bacelos de Prata en Ribadavia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega dos Bacelos de Prata, que organiza a Asociación Álvaro de las Casas no Pazo dos Ulloa en Esposende.

Fonte: Xunta de Galicia

A Mesa pola Normalización Lingüística recibe o premio Ramón Piñeiro 'Facer País'

A XII edición do premio Ramón Piñeiro 'Facer País' foi para A Mesa pola Normalización Lingüística. Un galardón impulsado pola Asociación Cultural Val de Láncara e que, ao longo destes anos, foi labrándose un merecido respecto.

Fonte: Sermos Galiza

‘Os Axóuxeres’ chegan ao Pereiro de Aguiar, Moaña e Redondela para fomentar a transmisión familiar da lingua galega

Os “Encontros dos Axóuxeres”, impulsados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, continúan co seu itinerario por 24 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, promovendo o uso e a transmisión interxeracional do galego co seu espectáculo para a xente miúda da casa.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación presenta "Domingo García-Sabell e a fenomenoloxía", editado polo Centro Ramón Piñeiro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), vén de sacar do prelo a obra “Domingo García-Sabell e a fenomenoloxía”.

Fonte: Xunta de Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística inaugura a IX Xornada de Normalización Lingüística de FEREGA-CECA

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou na IX Xornada de Normalización Lingüística da Federación de Escolas Católicas de Galicia (FEREGA-CECA).

Fonte: Xunta de Galicia

Os centros educativos festexarán en galego o Día da Ciencia

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística convida a todos os centros educativos non universitarios a festexar o IV Día da Ciencia en Galego participando nas dúas videoconferencias que se desenvolverán o 12 de novembro de 2013.

Fonte: Consello da Cultura Galega

‘Rosalía Pequeniña’ e ‘Acuario’ continúan o seu itinerario polos concellos da Rede de Dinamización Lingüística

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, leva as actividades do programa ‘FalaRedes 2013’ a nove localidades da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia durante estes días.

Fonte: Xunta de Galicia

Concédense tres novos galardóns para o uso e defensa da lingua galega

A Asociación Cultural O Brado deu a coñecer na Estrada os nomes dos distinguidos nesta edición dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística nas súas tres categorías.

Fonte: El Correo Gallego

Convócase unha nova edición do Premio Manuel Beiras para recoñecer o uso do galego nas empresas de Santiago de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela e mais a Cámara de Comercio convocan a XIV edición do Premio Manuel Beiras, unha iniciativa que recoñece o uso do galego no ámbito empresarial compostelán. O prazo para presentar propostas está aberto ata o 29 de novembro.

Fonte: CTNL

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder