Galicia

Ponse en marcha o proxecto Lingua Viva, unha proposta de normalización lingüística para o ámbito educativo

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística presenta, na súa renovada páxina web, o proxecto Lingua Viva, unha proposta de normalización lingüística interdisciplinar que implica a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias e persoal non docente).

Fonte: Consello da Cultura Galega

A exposición ‘Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de memorias dun neno labrego’ fai parada en Castrelo de Miño

A mostra “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego”, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para homenaxear a figura de Balbino, unha das máis emblemáticas da literatura galega contemporánea, vén de retomar a súa itinerancia polas localidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL).

Fonte: Xunta de Galicia

A plataforma Queremos Galego organiza unha marcha a prol da lingua galega

Co lema Co galego até a fin do mundo!, a plataforma cidadá Queremos Galego organiza unha marcha a prol da lingua o sábado 21 de setembro en Fisterra.

Fonte: CTNL

A Consellería de Educación recorre o auto sobre o decreto do plurilingüismo

A Xunta xa presentou un recurso contra o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no que se esixe a Educación que acate as sentenzas sobre o decreto do plurilingüismo.

Fonte: La Voz de Galicia

‘Peter Punk’, que promoveu o galego nas festas estivais, rematou no Porriño a súa andaina pola Rede de Dinamización Lingüística

'Peter Punk', o programa de dinamización lingüística impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para impulsar o uso e a presenza do galego no marco das festas de verán de entidades locais integrantes da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, concluíu a súa xira por 36 municipios das catro provincias.

Fonte: Xunta de Galicia

Galicia celebrou o Día da Empresa en Galego

Galicia celebrou o pasado xoves 19 de setembro o Día da Empresa en Galego como un recordo do compromiso para a promoción e apoio do uso da lingua da Comunidade no ámbito laboral, da intención de promover un "clima lingüístico" favorable nas empresas e de transmitirlles esta "filosofía" ás persoas que usan o galego e "motivar" as que non o fan.

Fonte: Galicia Hoxe

O Concello da Coruña fomentará o uso do galego a través da cultura

O Concello da Coruña presentou as accións do programa de innovación e dinamización lingüística do galego a través da cultura dentro do programa "Coruña Educa", dirixido ao alumnado de primaria e secundaria.

Fonte: El Ideal Gallego

Ensinan na Mariña a ler e escribir en galego a maiores e a inmigrantes

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concellos da Mariña imparte un obradoiro de lectura e escritura en galego para persoas maiores, de entre 60 e 80 anos, dos municipios de Alfoz, Lourenzá, A Pontenova, O Vicedo, Ourol e Xove.

Fonte: La Voz de Galicia

Está aberto o prazo de presentación de pezas para a nova edición do certame de curtas de comedia en galego ‘Somos a curta’

O alumnado das tres universidades galegas, do bacharelato artístico e das diferentes escolas de imaxe e son está convidado a participar na terceira edición do certame de curtas de comedia ‘Somos a curta’ organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación coa colaboración da Liga Estudantil Galega.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Valentín García participa no acto de entrega da XVIII Edición do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela a Xosé Luna

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega da XVIII Edición do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela ao estradense Xóse Luna.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder