Galicia

O alumnado de Vila de Cruces comprométese co seu patrimonio cultural e lingüístico

O Clube de Lingua-Equipo de Normalización Lingüística do IES Marco do Camballón (Vila de Cruces) presentou publicamente a obra Mámoas de Oirós. Lendas possíveis , de Ramón Taboada Montoto, na que se recollen oito lendas relacionadas co conxunto megalítico de Oirós.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Filólogas galegas e brasileiras inician a elaboración dun futuro dicionario sobre a crise económica internacional

Existe unha extensa rede de termos descoñecidos para a maioría da cidadanía hai apenas uns anos e que hoxe forman xa parte do noso día a día. Con todo, os termos que designan estas innovacións non son idénticos en todos os países. Conscientes desta realidade un equipo de traballo de once expertos, sete do Brasil e catro de Galicia, iniciaron a elaboración dun catálogo de imaxes (metáforas etc.) que servirá de base para a elaboración dun futuro dicionario sobre a crise económica internacional.

Fonte: Universidade de Vigo

O Parlamento de Galicia reclama unha campaña de defensa do galego en Europa

O catro grupos representados no Pazo do Hórreo (PPdeG, PSdeG, AGE e BNG) aprobaron por unanimidade unha iniciativa na que se insta á Xunta a realizar, xunto coa administración competente, unha campaña a favor do galego en Europa.

Fonte: Galicia Hoxe

O secretario xeral de Política Lingüística participa na celebración do Día da restauración da memoria lingüística de Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de celebración do 'Día da restauración da memoria lingüística de Galicia', impulsado pola Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

O RC Celta, a Fundación Celta, o Concello vigués e a Universidade de Vigo promoven nunha campaña o uso do galego

A campaña "Gústame o galego de primeira" é unha acción dinamizadora da lingua galega impulsada polo Real Club Celta, Fundación Celta de Vigo, Concello e Universidade coa complicidade de xogadores, técnicos e afección.

Fonte: Universidade de Vigo

Valentín García partipa na Estrada na celebración do Día das Bibliotecas Escolares

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Estrada na celebración do Día das Bibliotecas Escolares organizada polo CEIP O Foxo.

Fonte: Xunta de Galicia

As actividades de ‘FalaRedes’ chegan esta semana á Laracha, Ribadavia, Cangas, Lousame e Brión, da man de Cultura e Educación

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa durante estes días tres das actividades do proxecto de dinamización lingüística “FalaRedes 2013”, destinado á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Profesores da Universidade de Vigo conclúen nun estudo que os profesionais da comunicación precisan máis competencias en galego

Un maior coñecemento da contorna da internet, superar certas carencias no coñecemento da lingua oral e escrita, tanto en galego coma en castelán, e adquirir un maior coñecemento práctico dos medios e comunicación e do protocolo son algunhas das necesidades que presentan os novos profesionais do sector segundo un estudo realizado recentemente por dous integrantes do grupo de investigación NeCom da Universidade de Vigo.

Fonte: Universidade de Vigo

Cincocentos estudantes de 27 centros educativos participarán de forma gratuíta nas estadías lingüísticas da Xunta de Galicia

Un total de 500 alumnas e alumnos de 27 centros educativos participarán este outono nas estadías para a formación en linguas estranxeiras (concretamente en inglés) convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e que son gratuítas para os estudantes.

Fonte: Xunta de Galicia

Lanzan unha nova versión do corrector ortográfico Hunspell

O Proxecto Trasno anuncia o lanzamento da versión 13.10 “Padre Sobreira” do corrector Hunspell, a única ferramenta de corrección ortográfica de código aberto que existe para o galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder