Galicia
Valentín García inaugura ‘Querido Balbino, 1961-2011: 50 anos de Memorias dun neno labrego’ na IX Semana Cultural da Rocha
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora co Concello de Santiago de Compostela, coa Asociación Cultural Rocha Forte e mais coa Asociación de Veciños da Rocha Vella nos actos de celebración da IX Cultural da Rocha.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación leva ‘Rosalía Pequeniña’ aos concellos do Vicedo, Neda, Ponteareas e Toques
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a fornecer de actividades de lecer en galego aos concellos integrados na Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia a través do programa “FalaRedes 2013”.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación presenta a tradución de ‘Cantares Gallegos’ ao ruso no Día Europeo das Linguas
Con motivo do Día Europeo das Linguas, a Consellería de Cultura e Educación presentou a tradución ao ruso da obra fundacional do Rexurdimento galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Vigo crea o Centro Municipal de Interpretación da Oralidade en galego

O Concello de Vigo creou o Centro de Interpretación da Oralidade, para recuperar, poñer en valor e transmitir o patrimonio inmaterial das tradicións orais galegas. A actividade do centro arranca o 2 de outubro.
Fonte: CTNL
Tradutores galegos reivindican "maior visibilidade" da súa profesión
O luns 30 de setembro celébrase o Día Internacional da Tradución, unha data que os tradutores galegos pretenden aproveitar para reivindicar unha "maior visibilidade" do seu papel no día a día para aproximar culturas, profesións e achegar "calidade" a unha profesión que vai máis alá de ser "bilingüe".
Fonte: Galicia Hoxe
Celébrase a IX edición dos premios Bacelos de Prata destinados ás bodegas que etiquetan en galego viños de excelente calidade
O Pazo dos Ulloa en Esposende, Ribadavia, acolleu os membros do xurado da IX edición dos premios Bacelos de Prata, que desde hai anos concede a Asociación Álvaro das Casas ás bodegas que etiquetan en lingua galega viños de excelente calidade.
Fonte: Faro de Vigo
Fene organiza unha nova edición do festival "A mocidade coa lingua"
A Concellaría de Cultura do Concello de Fene organiza unha nova edición do festival "A mocidade coa lingua", co obxectivo de promover o uso do galego entre a xente nova no ámbito do lecer.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Hoteis galegos ofertan cursos intensivos de fin de semana para perfeccionar o inglés
Recibir un curso acelerado de inglés cunha estancia nun hotel é unha opción que cada vez cativa a máis galegos. Son varios os hoteis de Galicia que, a través do proxecto Intensive Learning, ofrecen unha fin de semana de aprendizaxe con aloxamento incluído.
Fonte: La Voz de Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia o retroceso do uso do galego en Novagalicia Banco
Novagalicia Banco (NGB) está a retroceder no uso do galego desde que é propiedade do Estado español. Así o denuncia A Mesa pola Normalización Lingüística, que afirma que “hoxe é case imposíbel asinar un contrato en galego en Novagalicia Banco”.
Fonte: Sermos Galiza
Cultura e Educación promove na illa de San Simón o II Obradoiro Internacional de Tradución Poética ‘Con barqueira e remador’
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co Concello de Redondela, promove o II Obradoiro Internacional de Tradución Poética ‘Con barqueira e remador’.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín