Galicia

Os cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros reúnen nunha nova edición alumnado de 27 países

A vixésimo sexta edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros comezou o venres 5 na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela onde se deron cita os 72 alumnos e alumnas de 27 estados distintos de Europa, América, Asia e África que participarán ata o 24 de xullo nas distintas actividades programadas. Esta é unha acción formativa que organizan conxuntamente o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago, a Real Academia Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

O Centro Ramón Piñeiro acolle un seminario internacional centrado na literatura infantil e xuvenil do Século XXI

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades acolle o “Seminario/obradoiro internacional: inmigración/emigración e identidade na literatura infantil e xuvenil. Século XXI”.

Fonte: Xunta de Galicia

As xincanas lingüísticas de "Augalingua" chegan a Vilamarín, Taboada, Monterroso e Guntín dentro do "FalaRedes"

A actividade “Augalingua”, posta en marcha pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para dinamizar o uso da lingua galega entre a rapazada de concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, chegará estes días ás piscinas municipais de Vilamarín, Taboada, Monterroso e Guntín, no marco do programa “FalaRedes 2013”.

Fonte: Xunta de Galicia

A UNED obriga o seu alumnado a responder nos exames que “Carballino” ou “Arteijo” son as formas correctas destes topónimos

A Mesa pola Normalización Lingüística fixo públicas as queixas recibidas por parte dunha alumna da UNED que viu con abraio como nos manuais e nos exames da materia “Comunicación Oral y Escrita en Lengua Española II” había toda unha listaxe de topónimos galegos nos que as formas xenuinas e oficiais eran marcadas como incorrectas e se prescribía a súa substitución polas formas deturpadas en español.

Fonte: A Mesa pola Normalización Lingüística

A Deputación de Lugo promoverá a aprendizaxe do portugués nas aulas lucenses

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, asinou un convenio coa Associaçom Galega da Língua (AGAL) para pór en marcha o programa 'OPS!' (O portugués Simples), co que pretende mostrar ao alumnado a "ventaxe" que supón falar galego, porque "permite acceder ao mundo que se expresa en portugués".

Fonte: ABC

Unha asociación de concellos galegos ten a promoción da lingua e cultura galegas como un dos seus principais piares

Alcaldes do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Compromiso por Galicia (CxG) e Anova veñen de presentar a Irmandade Municipal Nacionalista e Galeguista (IMNG). Esta asociación, creada hai máis dun ano, une polo momento no seu seo os rexedores de 18 concellos que en Galicia están gobernados por formacións nacionalistas e márcase como obxectivos principais a "promoción da lingua e culturas galegas e do patrimonio cultural do país, a xestión responsable dos recursos naturais e a protección do medio ambiente e da paisaxe, a preservación do medio físico, dos valores tradicionais, dos sinais de identidade e da memoria histórica de Galicia e a transparencia na xestión dos intereses xerais".

Fonte: Praza Pública

O Concello de Campo Lameiro programa tres obradoiros infantís para promover a lingua galega

O Concello de Campo Lameiro celebrará obradoiros gratuítos de promoción do galego para crianzas de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.

Fonte: Faro de Vigo

A Xunta acusa o Consello de Europa de mentir sobre Galicia no seu informe lingüístico

O pasado outubro saía á luz o contido do terceiro informe de seguimento do cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, realizado por expertos e expertas do Consello de Europa. Esa avaliación da situación dos idiomas cooficiais no Estado español lanzáballe cumprimentos ao labor desenvolvido no País Vasco e Cataluña e supuña unha dura reprimenda ao Goberno galego. O ditame alertaba da "redución progresiva do ensino en galego en todos os niveis e da súa estrutura de apoio" e ademais lamentaba a escasa colaboración da Xunta. A Consellería de Educación di agora que os autores e autoras do informe mentiron.

Fonte: Praza Pública

Atópase un material inédito sobre Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro vén de anunciar o achado dun importante material inédito sobre Rosalía de Castro. Trátase dunha imaxe inédita da autora, un poema autógrafo e unha carta procedente de Fernán Caballero.

Fonte: Real Academia Galega

A asociación cultural A Gentalha do Pichel publica un vídeo sobre o uso das denominacións relativas ao leite

A asociación cultural compostelá A Gentalha do Pichel vén de publicar un vídeo onde amosa como a industria moderna do leite popularizou denominacións como "enteiro", "semidesnatado" ou "desnatado" en troques de formas propias galegas como "gordo" ou "delgado".

Fonte: Praza Pública

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder