Galicia
Unha canción en galego triúnfa en Arxentina
A radiofórmula arxentina “Elegidos 45” situounos no Top-5 por "Luar a luar", unha canción que lembra o papel das avoas galegas na familia galega. Este tema escóitase a diario durante os últimos tres meses entre os top musicais en inglés e en español.
Fonte: Galicia Confidencial
Unha iniciativa pretende popularizar entre a comunidade emigrante de todo o mundo os nomes galegos
Co obxectivo de popularizar os nomes galegos en diferentes países con forte presenza galega, a Asociación Cultural Fillos de Galicia acaba de poñer en marcha unha interesante iniciativa.
Fonte: Galicia Confidencial
Convócanse os cursos de linguaxe administrativa galega e os preparatorios para a consecución dos Celga
Xa están convocados, con carácter gratuíto, os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior e os cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga) nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.
Fonte: CSI-F Galicia
Investigadoras viguesas mergúllanse no universo do escritor Carlos Casares e fan agromar varias traducións inéditas
Catalán, éuscaro, asturiano e, sobre todo, español; pero tamén sardo ou bretón, italiano, alemán, inglés e mesmo ucraíno e ruso. As profesoras da Facultade de Filoloxía e Tradución, Ana Luna e Iolanda Galanes mergúllanse, unha década despois do pasamento de Carlos Casares, na estreita relación que mantivo o autor, unha das figuras fundamentais das letras galegas contemporáneas, co mundo da tradución.
Fonte: Universidade de Vigo
A Xunta de Galicia quere un novo consenso sobre a lingua galega
"Sería necesario abrir un novo clima de diálogo en favor do galego". Con estas verbas, o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, avogou na Cámara galega por comprometer a todos os partidos políticos e asociacións en defensa do idioma para chegar a un novo consenso en materia lingüística.
Fonte: Galicia Confidencial
O BNG denuncia que o Goberno local coruñés exclúe o galego da campaña de comunicación Coruña Wapa
O BNG denuncia que o Goberno local exclúe o galego da campaña de comunicación Coruña Wapa, destinada a dinamizar a vida comercial e social dos barrios.
Fonte: La Opinión
Desestiman un recurso contra unha multa que alegaba que o sinal estaba "só en galego"
Que un sinal de prohibido aparcar estea rotulado unicamente en galego non exime do cumprimento desta indicación nin do, chegado o caso, pago da multa correspondente, se se cometeu unha infracción. Así o deixa claro unha sentenza, moi rotunda, do xulgado contencioso-administrativo número 1 de Ourense.
Fonte: Praza Pública
O Concello de Santiago informa sobre o seu programa de intercambio lingüístico os estudantes estranxeiros da universidade
O obxectivo deste programa é que os mozos e mozas de Compostela que teñan interese en perfeccionar as súas competencias lingüísticas poidan facelo dun xeito práctico a través da conversa con outras persoas con similares intereses.
O Concello de Vigo organiza un curso destinado a difundir a lingua e a literatura popular relacionadas co mar
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e mais a Asociación Veciñal Doutor Fleming organizan o Curso de auga salgada, que ten como obxectivo difundir a lingua e a literatura popular relacionadas co mar (nomes dos oficios, embarcacións tradicionais, lendas…).
Fonte: Consello da Cultura Galega
Unha psicopedagoga da Universidade de Vigo analiza a reacción do alumnado ante as 100 palabras galegas máis usadas
Co desexo de afondar no complexo mundo das emocións e das verbas, Isabel Ferreiro, psicopedagoga do campus de Ourense, vén de realizar un estudo entre estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria e universitarios para coñecer a imaxe e a emotividade que suscitan neles as palabras galegas máis empregadas.
Fonte: Universidade de Vigo
Boletín
Subscríbase ao boletín