Galicia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia resolve que o uso do galego nunha demanda non é “defecto de forma”

A presentación dunha demanda en galego é un dereito e non é un defecto de forma. É o que vén de resolver o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en resposta ao recurso presentado pola empresa In Side LOGISTICS contra unha demanda por despedimento, alegando “defecto de forma” por estar escrita en galego.

Fonte: Sermos Galiza

Cultura e Educación leva a 'Peter Punk' e 'Augalingua' a oito concellos da Rede de Dinamización Lingüística

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a promover o galego nas festas estivais e mais nas piscinas municipais dos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia con 'Peter Punk' e 'FalaRedes'.

Fonte: Xunta de Galicia

O proxecto Mámoas-Palabras de Pedra busca a valorización da lingua e o patrimonio galegos

O IES Marco do Camballón (Vila de Cruces) é o artífice do Proxecto Mámoas-Palabras de Pedra, unha iniciativa que busca a valorización da lingua e o patrimonio galegos, en concreto das mámoas de Oirós.

Fonte: Faro de Vigo

Xa está dispoñible a versión 3.6 do xestor de contidos WordPress en galego

O popular xestor de contidos WordPress vén de estrear a súa versión 3.6, que xa está dispoñible en galego, e que supón unha interesante actualización para esta potente plataforma.

Fonte: Código Cero

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa organiza diversas actividades de dinamización e formación lingüística

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa organiza diversas actividades de dinamización e formación lingüística co obxectivo de fomentar o uso do galego entre a poboación mariñá.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta de Galicia comprométese a traballar coa Asociación de Medios en Galego

A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) comeza a dar pasos en firme para mellorar e regularizar a situación dos xornais, radios, televisións ou webs que apostan polo galego como vía de comunicación. Con este obxectivo, varios membros deste colectivo entrevistáronse coa secretaria xeral de Medios, Mar Sánchez, e co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Ambos os dous comprometéronse a traballar conxuntamente coa AMEGA para potenciar a situación dos medios en galego.

Fonte: Galicia Confidencial

O BNG guardés lamenta que o galego estea excluído no programa da Festa do Monte

O BNG da Guarda presentou unha moción no Concello na que se solicita a promoción de espectáculos producidos en Galicia, así como o fomento da presenza de propostas culturais galegas nas festas populares "vinculando as subvencións concedidas con cargo aos orzamentos municipais á contratación de creadores e artistas galegos que empreguen a lingua galega tanto nos espectáculos como na publicidade de calquera evento, festa ou actividade de carácter cultural", afirman.

Fonte: Faro de Vigo

Cultura e Educación leva a Ribeira a mostra coa que a Xunta de Galicia homenaxea a Roberto Vidal Bolaño

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais a Asociación Roberto Vidal Bolaño levan a Ribeira a exposición que conmemora o autor homenaxeado polas Letras Galegas 2013.

Fonte: Xunta de Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística participa na inauguración da mostra dedicada a Manuel Rodríguez López

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da mostra itinerante dedicada á vida e obra de Manuel Rodríguez López, que tivo lugar no concello de Paradela, en Lugo.

Fonte: Xunta de Galicia

Emparellados, un quebracabezas para Android, pode xogarse en galego

Emparellados é un quebracabezas para pasar o tempo no móbil ou tablet cuxa interface pode configurarse para amosar textos en español, galego, inglés e koruño.

Fonte: Código Cero

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder