Galicia

A Xunta consultará aos pais a lingua do ensino malia a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

O sindicato CIG advirte de que, malia a sentenza contraria do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a Consellería de Educación vén de enviarlles aos centros de ensino un modelo de enquisa semellante ao do ano pasado para os pais e nais de crianzas matriculadas en educación infantil para determinar a lingua vehicular nas aulas.

Fonte: Praza Pública

Cultura e Educación leva "Peter Punk" a Ames para dinamizar a lingua galega no marco do "Festival de verán"

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria segue a fornecer os concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia cunha oferta de actividades de lecer en lingua galega que conforma a súa programación anual. Tal é o caso da iniciativa “Peter Punk”, que chegará a Ames, no marco do “Festival de Verán” que organiza este Concello, membro fundador da RDL.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación pon en marcha "Augalingua", a nova proposta de "Falaredes 2013" que dinamizará o galego durante o verán

O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, presentou no Edificio Multiúsos de San Cristovo de Cea, “Augalingua”, a nova actividade estival que estrea o programa de dinamización lingüística “FalaRedes 2013”.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura achega á cidadanía o mellor da literatura galega da biblioteca de Camilo José Cela

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, inaugura unha nova mostra anual sobre a figura do premio Nobel padronés na Biblioteca de Galicia sita na Cidade da Cultura.

Fonte: Xunta de Galiia

A Consellería de Cultura e Educación leva a Tui a exposición coa que está a difundir a vida e a obra de Roberto Vidal Bolaño

Logo do seu paso pola capital de Galicia, a exposición permanecerá ata o 18 de xullo na Sala Municipal de Exposicións de Tui, onde será inaugurada polo secretario xeral de Cultura.

Fonte: Xunta de Galicia

Educación inicia o proceso para consultar aos pais o idioma de escolarización

A Consellería de Educación comezou a enviar aos centros un modelo de enquisa para preguntar aos pais en que idioma prefiren escolarizar os seus fillos na etapa de infantil o próximo curso. Esta consulta prodúcese despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarase ilegal que a consulta aos pais tivese carácter vinculante para decidir o idioma no que estudar.

Fonte: Faro de Vigo

Cultura e Educación leva "Rosalía Pequeniña" a Sobrado, Teo e Val do Dubra, para dinamizar o idioma a través da poesía cantada

O concerto familiar “Rosalía Pequeniña”, impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, continúa a súa xira polos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, a través do programa “FalaRedes 2013”. A iniciativa, que pretende dinamizar o idioma por medio da poesía cantada e achegarlle os poemas máis coñecidos da gran poetisa do Rexurdimento galego á xente miúda da casa, chegará agora aos concellos de Sobrado, Teo e Val do Dubra.

Fonte: Xunta de Galicia

A Escola de Idiomas de Lugo incorporará o chinés á súa oferta lectiva

O chinés incorporarase, a partir do próximo curso, á relación de linguas que se poderán estudar na Escola Oficial de Idiomas de Lugo. A directora do centro, Blandine Mouret, recibiu, por parte da Consellería de Educación, a noticia da incorporación desta lingua ao plan de estudos do centro, cumprindo así unha vella demanda do alumnado lucense.

Fonte: El Progreso

A Xunta atribúelle á "dinámica do mercado" as dificultades e peches de medios de información en lingua galega

Nunha réplica por escrito ao Bloque Nacionalista Galego sobre a garantía do mantemento e promoción dos medios de comunicación en lingua galega, a Xunta de Galicia atribúe as dificultades polas que están a pasar estes medios á "conxuntura económica de crise que se está a vivir e que afecta a maior parte dos sectores produtivos".

Fonte: Praza Pública

Os cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros reúnen nunha nova edición alumnado de 27 países

A vixésimo sexta edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros comezou o venres 5 na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela onde se deron cita os 72 alumnos e alumnas de 27 estados distintos de Europa, América, Asia e África que participarán ata o 24 de xullo nas distintas actividades programadas. Esta é unha acción formativa que organizan conxuntamente o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago, a Real Academia Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder