Galicia

O Ministerio de Fomento ordena que os sinais de peaxe estean en galego, castelán e inglés

Tres anos despois de que o Ministerio de Fomento dese a orde de rotular en galego a sinalización vertical nas estradas da súa competencia na comunidade, o mesmo departamento do Goberno insta agora a concesionaria da AP-9 a identificar en castelán, ademais de en galego e inglés, todos os sinais de aproximación ás cabinas de peaxe.

Fonte: La Voz de Galicia

Cultura e Educación resolve o concurso ´Imaxina cantares!’ de audiovisuais baseados na obra de Rosalía de Castro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fixo pública nos webs www.xunta.es/linguagalega e www.edu.xunta.es a decisión do xurado que valorou os traballos presentados ao certame “Imaxina cantares!” de curtas baseadas no poemario rosaliano “Cantares gallegos”.

Fonte: Xunta de Galicia

Galicia contará o próximo curso con 183 centros plurilingües

Galicia contará o próximo curso con 183 colexios plurilingües, un 23 por cento máis que no curso anterior, e as seccións bilingües dos centros galegos crecerán un 15 por cento, ata as 2700. Así, preto de 70 000 escolares da comunidade estudarán o próximo curso académico en centros que ensinan en tres idiomas, galego, castelán e inglés.

Fonte: Galicia Hoxe

A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño percorrerán Galicia nunha exposición itinerante co apoio de Cultura e Educación

A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño percorrerán ata decembro as catro provincias galegas a través dunha exposición itinerante desenvolvida pola Asociación Roberto Vidal Bolaño coa colaboración das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Fonte: Xunta de Galicia

Google Drive incorpora o galego entre as súas 65 linguas

Google Drive incorporou traducións a 18 novos idiomas, entre elas o galego, chegando así a un total de 65. Deste xeito, non só temos o sistema de menús de Google Drive nesta lingua, senón que cando editemos un documento de texto, unha folla de cálculo ou unha presentación dentro do sistema ofimático web de Google teremos dispoñible un corrector ortográfico de galego e incluso poderemos tirar proveito do tradutor de Google para converter os textos doutras linguas ao galego e viceversa.

Fonte: Código Cero

Cultura e Educación e as tres universidades galegas coordinan accións conxuntas de fomento do uso do galego no ensino superior

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou en Vigo na reunión ordinaria da Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística, na que está representada a través dos responsables das secretarias xerais de Política Lingüística e de Universidades.

Fonte: Xunta de Galicia

Valentín García clausura o curso no colexio Divino Maestro cun relatorio sobre os 30 anos da Lei de normalización lingüística

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, representou a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no acto de clausura do curso escolar 2012-2013 do colexio compostelán Divino Maestro. García Gómez impartiu un relatorio centrado no 30.º aniversario da aprobación da Lei de normalización lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación resolve as axudas á edición de materiais didácticos para impulsar o galego nas aulas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de resolver a orde de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 25 de xaneiro de 2013.

Fonte: Xunta de Galicia

Xa está dispoñible o bUSCatermos para Android

A aplicación que permite a consulta de bUSCatermos desde móbiles e tablets que usen Android xa se pode descargar en Google Play. As persoas que o fagan terán acceso nos seus dispositivos a unha base de datos que compila información sobre máis de 150 000 conceptos das áreas especializadas máis diversas (ciencias da saúde, dereito, botánica, zooloxía, educación, historia, xeografía…).

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A mocidade de Silleda avalía a súa paisaxe lingüística

O Equipo de Normalización Lingüística do IES Pintor Colmeiro, de Silleda, presenta os resultados do seu estudo "A paisaxe lingüística de Silleda. Bases para a normalización do contorno".

Fonte: Consello de Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder