Galicia
Cultura e Educación achegaralles aos nenos a obra rosaliana no 150.º aniversario de Cantares Gallegos
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, Valentín García, presentou “Rosalía Pequeniña”, unha nova acción das cinco que integran este ano o programa de dinamización lingüística “FalaRedes 2013”.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello do Grove distribúe programas informáticos en lingua galega
O concelleiro de Novas Tecnoloxías do Grove ocupouse persoalmente de distribuír en diferentes tendas de informática da vila un software en galego para fomentar o uso desta lingua e aplicala aos diferentes sistemas operativos e aos programas informáticos máis habituais.
Fonte: Faro de Vigo
A Escola Galega de Administración Pública convoca cursos de linguaxe xurídica na modalidade de teleformación
A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca cursos de linguaxe xurídica (niveis medio e superior) para o persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados con este ámbito que presten servizos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Apalabrados actualiza o seu dicionario de galego para facilitar o xogo
Etermax anunciou a través de Facebook que vén de actualizar o dicionario de galego do seu popular xogo.
Fonte: Código Cero
Tráfico arquivará as denuncias contra as concesionarias das autoestradas pola sinalización en galego
As denuncias contra as concesionarias das autoestradas de Galicia por rotular parte dos seus sinais en galego non avanzarán finalmente na súa tramitación administrativa.
Fonte: La Voz de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística participa no acto de homenaxe a Roberto Vidal Bolaño organizado por FEREGA-CECA
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de homenaxe a Roberto Vidal Bolaño organizado por FEREGA-CECA na compostelá Praza da Quintana.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura e Educación presenta na Coruña o II Festival Arte pola Igualdade
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deu a coñecer o programa da nova edición do Festival Arte pola Igualdade.
Fonte: Xunta de Galicia
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia presenta o informe A crise dos medios en galego
Coincidindo coa semana das Letras Galegas, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia presentou o informe A crise dos medios en galego, no que se reflexiona sobre as eivas e fortalezas dos distintos proxectos comunicativos en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta de Galicia colabora para que o 20 % do repertorio das orquestras nas festas populares se cante en galego

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e a Xunta de Galicia colaborarán para promover o emprego da lingua galega nas festas populares, coa recomendación de incorporar, por exemplo, un 20 por cento ao repertorio das orquestras.
Fonte: Europa Press
A actividade ‘Rosalía pequeniña’ arranca en Pontecesures a súa xira pola Rede de Dinamización Lingüística
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inaugurou a nova actividade “Rosalía Pequeniña”, que botará a andar polas entidades municipais da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia no marco do programa “FalaRedes 2013”.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín