Galicia

Gas Natural pretende eliminar a atención ao cliente en galego e desde Galicia

Gas Natural Fenosa decidiu eliminar a atención ao cliente da comercializadora Unión Fenosa Comercial, facendo desaparecer a devandita comercializadora e trasladando os seus clientes a Gas Natural Servicios.
"A atención ao cliente de Unión Fenosa Comercial préstase dende Galicia a todo o territorio estatal, mentres que non é así no caso de Gas Natural Servicios", aclara o comité de empresa nun comunicado, no que explica que deste xeito os galegos "deixarán de ter a posibilidade de seren atendidos en galego".

Fonte: Praza Pública

A Irmandade Xurídica Galega reclama a galeguización da oficina xudicial

A galeguización da oficina xudicial preséntase como a principal demanda da Irmandade Xurídica Galega de cara á asemblea que vai celebrar esta entidade. Segundo explican desde esta asociación, a atención na nosa lingua nesta administración está comprometida porque o sistema informático só está dispoñible en castelán.

Fonte: Culturagalega.org

O conselleiro Vázquez Abad participa no encontro do exitoso programa ‘Espello Deportivo’ no Carballiño

O titular de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou no encontro de “Espello Deportivo” celebrado no Carballiño, un programa do que o conselleiro valorou o éxito que está a ter entre os máis novos.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación recibe o alumnado do proxecto Galauda que se encontra de viaxe de estudos en Galicia

O secretario xeral de Cultura, en representación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, recibiu o alumnado que estuda galego no Col•legi El Casal de Castellar del Vallès e as dúas docentes que o acompañan na súa viaxe de estudos á nosa comunidade autónoma.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación clausura en Padrón a mostra ‘Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego’

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, clausurou no Auditorio Municipal padronés a mostra “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego”.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia facilita o acceso das persoas xordas á Administración a través do servizo de videointerpretación

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) destina este ano 64 0000 euros ao servizo de videointerpretación en lingua de signos para persoas xordas que se ofrece de xeito presencial no Rexistro Xeral da Xunta, nas delegacións territoriais da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol e a través do portal corporativo.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación publica as axudas para a promoción da lingua galega nas entidades locais

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, publicou no Diario Oficial de Galicia a resolución das axudas convocadas pola Orde do 5 de febreiro de 2013 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega.

Fonte: Xunta de Galicia

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que Audasa colocou adhesivos enriba dos únicos sinais en galego da AP-9

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que nas últimas semanas se está a producir “de xeito paulatino” unha mudanza dos únicos sinais en galego que hai na AP-9, para que “a partir de agora só haxa información en castelán e en inglés e nada en galego”.

Fonte: Praza Pública

O fiscal superior de Galicia recoñece que o uso do galego non está ´normalizado´ nin ´garantido´ na Xustiza

O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, recoñeceu durante a cita anual da Irmandade Xurídica Galega (Ixuga) que o emprego do galego na Xustiza "non goza dunha situación normalizada".

Fonte: Faro de Vigo

A Universidade da Coruña convoca o V Premio de Tradución ao Galego de Textos Científico-Técnicos

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, convoca o V Premio de Tradución ao Galego de Textos Científico-Técnicos, dirixido a todo o estudantado desta universidade.

Fonte: Universidade da Coruña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder