Galicia

O Consello da Cultura Galega publica dous informes sobre a situación e a valoración do galego

O Consello da Cultura Galega vén de publicar na Mediateca dixital dous informes do Observatorio da Cultura Galega, publicados inicialmente en 2011 e 2012, nos que se debullan datos sobre a situación da lingua galega e a súa valoración por parte da cidadanía galega nos últimos anos.

Fonte: Culturagalega.org

O servizo bUSCatermos alcanza xa case 14 000 sesións de consulta

O servizo bUSCatermos, lanzado pola Universidade de Santiago co obxectivo de atender as demandas lingüísticas dos usuarios alleos a esta institución educativa, atesoura xa seis meses de actividade, dende a súa apertura en consulta libre o pasado 1 de outubro.

Fonte: Código Cero

‘Espello deportivo’ comeza en Outes cun grande éxito o seu percorrido pola Rede de Dinamización Lingüística

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria iniciou en Outes cun grande éxito o percorrido do programa de dinamización lingüística ‘Espello Deportivo’, no marco do cal tres famosos deportistas de elite e mais o actor ourensán Rubén Riós se achegarán a concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia para incidiren na promoción do uso da nosa lingua propia como valor do deporte galego.

Fonte: Xunta de Galicia

A Universidade da Coruña pon en marcha dous concursos para promover o galego

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña está a publicitar actualmente dous novos certames. Trátase do II Concurso de Relatos Curtos: Lingua e Empresa e o III Concurso de Traballos Académicos Redactados en Lingua Galega.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta de Galicia promove o uso do galego como oportunidade de negocio a nivel internacional

A Xunta de Galicia presentou a campaña “Exportar en galego”, promovida pola Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE). O obxectivo principal desta nova iniciativa, dirixida a promover o uso do galego no ámbito dos negocios, é concienciar o empresariado galego de que a lingua propia de Galicia supón, para a exportación, unha vantaxe competitiva nos países de fala portuguesa.

Fonte: Xunta de Galicia

‘FalaRedes’ chegou a Ponte Caldelas e a Outeiro de Rei a fin de semana da man de Cultura e Educación

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa dinamizando o uso da lingua galega no tempo de lecer coas actividades de ‘FalaRedes’.

Fonte: Xunta de Galicia

Vázquez Abad presenta no Salón Teatro a programación da Xunta para as Letras Galegas 2013 dedicada a Roberto Vidal Bolaño

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou no Salón Teatro a programación da Xunta de Galicia para as Letras Galegas 2013, día que este ano estará dedicado a Roberto Vidal Bolaño.

Fonte: Xunta de Galicia

Un total de 46 traballos opta ao premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo

O Concello de Carballo recibiu –unha vez finalizado o prazo de presentación o pasado 11 de abril– un total de 46 traballos para o IX Premio a artigos xornalísticos normalizadores.

Fonte: Praza Pública

O II Certame de relato curto “Igualando a lingua” é a proposta do Concello de Cee para dinamizar a lingua galega

A nova proposta da Alcaldía e o Servizo de Normalización Lingüística de Cee para dinamizar a lingua galega é o II Certame de relato curto “Igualando a lingua”.

Fonte: Que Pasa na Costa

A Xunta de Galicia e o Goberno central posibilitarán que os exames para o carné de conducir se realicen en galego

O titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado polo delegado do Goberno en Galicia, Samuel J. Juárez, e o xefe provincial de Tráfico da Coruña e coordinador da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) en Galicia, Pedro José Pastor del Castillo, asinaron o primeiro convenio de colaboración en virtude do cal a Administración autonómica e mais a DXT cooperarán na promoción do uso do idioma propio de Galicia grazas ao que, entre outras cousas, se poderán realizar en galego as probas teóricas para a obtención do carné de conducir.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder