Galicia
O Concello de Narón organiza o IV Concurso de monólogos en lingua galega “Que me dis!!”
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón organiza a cuarta edición deste concurso de monólogos que ten como obxectivo promover o uso do galego no ámbito do lecer a través das novas tecnoloxías.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Cultura e Educación impulsará o uso do galego desde a Rede de Dinamización Lingüística coas novas propostas de ‘FalaRedes 2013’
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do seu secretario xeral de política lingüística, Valentín García, presentou en Carral o espectáculo musical infantil “A nena e o grilo nun barquiño”, unha das actividades que conformarán a segunda edición do programa de dinamización lingüística “FalaRedes” e que chegará a entidades locais integradas na Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura e Educación impulsará a dinamización lingüística colaborando coas bandas de música municipais
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou a actividade de promoción do galego ‘As pombas de Carboeiro’, que percorrerá 19 concellos adheridos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, no marco do programa “FalaRedes 2013”.
Fonte: Xunta de Galicia
Vázquez Abad presenta ‘Espello deportivo’, que impulsará o uso do galego no deporte desde a Rede de Dinamización Lingüística
O titular de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, anunciou que arranca “Espello Deportivo”, un proxecto que “promoverá a lingua galega no ámbito, e a través do ámbito, do deporte, desde a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia”.
Fonte: Xunta de Galicia
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia obriga a incluír o galego no exame para oficiais da Policía Local na Coruña
O Concello da Coruña, así como dous dos aprobados na convocatoria de 2005, entendían que non era necesario incluír o galego nas probas de promoción interna, pois se supuña que ese exame xa o realizaran cando ingresaron no corpo. Pero o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia respóndelles que non todos os aspirantes foran sometidos a unha proba de lingua galega, xa que antes da lei do 2007 non era necesario.
Fonte: La Voz de Galicia
Convócanse os Premios de poesía, relato curto e tradución da Universidade de Vigo co obxectivo de promover e dinamizar o galego
A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo pon en marcha unha nova edición dos Premios de poesía, relato curto e tradución. O certame, patrocinado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, ten por obxectivo promover e dinamizar a lingua galega á vez que recoñece a calidade e o talento da literatura producida no seo da institución.
Fonte: Universidade de Vigo
Cultura e Educación anima o alumnado de galego no Bierzo a continuar estudando a lingua propia de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou a alumnas e alumnos que cursan galego no Bierzo, no marco do Programa de Ensino en Galego de Castela e León, a quen animou a continuar estudando a lingua propia de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Os colexios católicos de Galicia celebran en Ourense a IX Festa da Lingua
O 10 de abril celébrase en Ourense a IX Festa da Lingua, iniciativa lúdico-didáctica que organiza anualmente Escolas Católicas de Galicia.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O BNG denuncia que o Concello de Muros pon "trabas" para empregar o galego nos xuízos
Hai uns días o asesor xurídico do Concello de Muros, José Luís Barro, demandou o ex concelleiro do BNG José Ramón Farinós por chamarlle "fascista" no seu perfil de Facebook. O conflito comezara cando nun xuízo Barro lle pediu a Farinós que falase en castelán.
Fonte: Praza Pública
Cultura e Educación e o Valedor do Pobo asinan o primeiro convenio de colaboración a prol do uso do galego
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais o Valedor do Pobo colaborarán por vez primeira para impulsar o uso da lingua galega por medio dos servizos que esta institución lle presta á cidadanía galega, un forte impulso á dinamización lingüística e un paso importante a prol da normalización da lingua propia de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín