Galicia

O Concello de Porto do Son promove a iniciativa «Café de idiomas» para persoas interesadas en practicar distintas linguas

A iniciativa "Café de idiomas" consiste en concertar encontros entre persoas interesadas en practicar algunha lingua estranxeira. A idea é que os participantes se reúnan para manter conversacións informais á vez que melloran «a súa competencia lingüística en diferentes idiomas».

Fonte: La Voz de Galicia

O Concello do Grove promove un curso de galego para cidadáns estranxeiros

O Servizo de Normalización Lingüística do Grove, pertencente á Concellería de Novas Tecnoloxías, pon en marcha un curso de lingua galega para inmigrantes ou estranxeiros.

Fonte: Faro de Vigo

Ponse en marcha en Pontevedra unha nova edición do programa de fomento do galego "Ben veñas, maio"

A iniciativa, que inclúe diferentes certames (fotografía, banda deseñada, narración curta, poesía, teatro e música), está deseñada para fomentar o uso do galego nas actividades propias da mocidade, así como para incentivar a reflexión sobre a situación actual do idioma.

Fonte: Prolingua

O Concello de Santiago de Compostela promove cun novo concurso o uso do galego na publicidade comercial

O Concello de Santiago de Compostela, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, convoca o I Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial, baixo o lema "Brilla con novas ideas, en galego". Trátase dunha iniciativa pioneira coa que persegue achegar un incentivo para a galeguización tanto das empresas como dos establecementos comerciais e hostaleiros da cidade.

Fonte: Concello de Santiago de Compostela

Cultura e Educación presenta en Pontevedra un novo volume dos Cadernos Ramón Piñeiro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo titular do departamento de Política Lingüística, Valentín García, deu a coñecer no Museo de Pontevedra o XXI volume dos Cadernos Ramón Piñeiro titulado “Correspondencia habida entre Xosé Mª Álvarez Blázquez e Isidoro Millán González-Pardo”.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta asume as sentenzas sobre o Decreto que avalan o equilibrio lingüístico e plurilingüismo, conforme á Lei de normalización

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comunicou a decisión do Goberno galego de asumir as distintas sentenzas xudiciais sobre o Decreto do plurilingüismo, que avalan o equilibrio lingüístico e a ambición de incorporar unha terceira lingua á Educación Pública e que o consideran conforme á Lei de normalización lingüística aprobada por unanimidade en 1983.

Fonte: Xunta de Galicia

Os equipos de normalización piden que se garanta unha "competencia plena" en galego ao acabar a ESO

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) demandou que se garanta que os alumnos adquiran "unha competencia plena" en lingua galega ao finalizar a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

Fonte: Galicia Hoxe

O BNG de Ferrol pide que todos os edís se expresen en galego

O BNG de Ferrol pide que os concelleiros da corporación municipal cumpran coa obriga de expresarse en galego, tal e como recolle a Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística.

Fonte: La Voz de Galicia

Valentín García acompaña a Manuel González no seu acto de nomeamento como fillo predilecto do concello de Mazaricos

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu ao acto de nomeamento do profesor e académico da lingua galega Manuel González González como Fillo Predilecto do Concello de Mazaricos.

Fonte: Xunta de Galicia

Unha sentenza en Pontevedra declara ilegais os sinais de tráfico en galego

Unha sentenza firme do Xulgado Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra deulle a razón a un veciño da cidade logo de que recorrese unha multa por aparcar nunha zona de carga e descarga que implicou tamén o traslado do seu vehículo nun guindastre e unha sanción de cen euros. O demandante alegou que a sinalización era "incorrecta" porque o panel vertical que prohibía o estacionamento e indicaba o horario de aparcadoiro estaba só en galego".

Fonte: Praza Pública

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder