Galicia

Cultura e Educación apoia 'Vive a paixón', que impulsará o uso do galego na celebración da Semana Santa compostelá

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa na que se deu a coñecer a campaña "Vive a paixón", que ten entre as súas finalidades impulsar o uso do galego no marco da celebración da Semana Santa compostelá a través de diferentes actividades vinculadas ás tecnoloxías da información e da comunicación e ás redes sociais.

Fonte: Xunta de Galicia

Google ofrece en galego o seu servizo de buscas de voos Google Flight Search

Google estrea en Europa o seu servizo de buscas de voos Google Flight Search que se ofrece en oito idiomas, incluídas as catro linguas oficiais no Estado español, ademais de inglés, italiano, francés e holandés.

Fonte: Galicia Confidencial

O Concello de Ames convoca a décima edición do seu certame literario destinado a promover novos valores da literatura en galego

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames convoca a décima edición deste certame literario, que ten como principal obxectivo promover os novos valores da literatura en lingua galega.

Fonte: Prolingua

A Asociación Galega de Editores deu a coñecer os galardoados da oitava edición dos premios á edición en galego

A Asociación Galega de Editores deu a coñecer os galardoados da oitava edición destes premios, que teñen como obxectivo recoñecer o traballo editorial en lingua galega realizado polos seus membros ao longo do ano 2012.

Fonte: Prolingua

Destacan o labor a prol do galego da Asociación do Xogo Popular e Tradicional

A Asociación do Xogo Popular e Tradicional vén de recibir unha mención especial pola promoción do galego na gala dos Premios anuais do Deporte Galego.

Fonte: La Voz de Galicia

O concurso do Parlamento Europeo 'Euroscola' permite participar en castelán e catalán, pero non en galego

A oficina de información do Parlamento Europeo en España organiza un concurso para escolares, Euroscola, que ten como obxectivo "fomentar a aprendizaxe de linguas europeas, fundamental para conseguir unha Europa unida". O xogo desenvolverase en tres versións lingüísticas, castelán, catalán e inglés, polo que quedan excluídos galego e éuscaro.

Fonte: Praza Pública

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que Génesis Seguros discrimina o galego

A Mesa pola Normalización Lingüística acusa a Génesis Seguros de discriminar o galego e incumprir a lexislación que garante os dereitos lingüísticos dos tomadores de seguros.

Fonte: Crónica3

A Universidade de Vigo fixa o camiño para incrementar a competencia en linguas estranxeiras da comunidade universitaria

Entre as principais decisións adoptadas polo Consello de Goberno destaca a posta en marcha do Plan de Internacionalización Lingüística da Universidade de Vigo, un documento co que se pretende dotar a comunidade universitaria de competencias plurilingües e pluriculturais.

Fonte: Universidade de Vigo

Anxo Lorenzo e Valentín García asisten ao plenario da Real Academia Galega en homenaxe a Francisco Fernández del Riego

Os secretarios xerais de Política Lingüística e de Cultura, Valentín García e Anxo Lorenzo, respectivamente, asistiron ao plenario extraordinario da Real Academia Galega en homenaxe a Francisco Fernández del Riego.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e a Fundación Eduardo Pondal colaborarán na dinamización da lingua galega e no estudo e preservación da obra pondaliana

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o presidente da Fundación Eduardo Pondal, José Luís Fondo Aguiar, asinaron un acordo de colaboración polo que a consellería –a través das secretarias xerais de Cultura e Política Lingüística– e a propia fundación promoverán a realización de actividades de dinamización da lingua e a cultura galega, así como o estudo e preservación da obra do gran poeta de Ponteceso.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder