Galicia
A Galipedia, a enciclopedia libre en galego, festexa os seus dez anos de vida
A día de hoxe a Galipedia achégase xa ás cen mil entradas grazas ao traballo e colaboración de miles de voluntarios que fan posible a existencia deste portal e grazas tamén aos mecanismos comunitarios de revisión entre iguais.
Fonte: Código Cero
O conselleiro de Cultura e Educación destaca a importancia de recoñecer e celebrar a obra e figura rosalianas
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, salientou na celebración do acto institucional conmemorativo do 176 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a importancia do recoñecemento colectivo que Galicia brinda á obra e á figura rosaliana.
Fonte: Xunta de Galicia
O operador R convértese na primeira empresa en recibir o premio Casa dos Poetas polo seu compromiso con Galicia e o galego
O galardón número 29 da Fundación Curros Enríquez recaeu este ano, por decisión do padroado, nunha empresa e a elixida por unanimidade foi R Telecomunicacións, a primeira operadora galega que desde a súa fundación, en 1998, "mantivo o compromiso co noso idioma, coa nosa cultura e coa nosa terra", segundo se recolle na acta asinada polos integrantes do padroado e membros do xurado.
Fonte: Faro de Vigo
Cultura e Educación convoca ‘Imaxina Cantares!’, un concurso audiovisual dirixido a equipos de dinamización da lingua galega

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convoca o concurso Imaxina Cantares!. A iniciativa, dirixida aos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) dos centros de ensino galegos de titularidade pública, enmárcase nas accións coas que a Xunta de Galicia se suma á conmemoración do 150.º aniversario da publicación de Cantares Gallegos, obra inaugural do Rexurdimento galego.
Fonte: Xunta de Galicia
O conselleiro de Cultura e Educación reúnese cunha delegación da India para colaborar en materia de aprendizaxe de linguas
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, recibiu a unha delegación conformada por representantes de organizacións de India para abordar as posibilidades de colaboración entre Galicia e India, en especial nas áreas de aprendizaxe de linguas, formación profesional e programas educativos europeos.
Fonte: Xunta de Galicia
A Deputación da Coruña convoca o IV Premio “Rosalía de Castro” de Lingua e Cultura 2013
A convocatoria do Premio “Rosalía de Castro” de Lingua e Cultura está destinada a recoñecer iniciativas, traballos recentes, traxectorias, de persoas individualmente, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico e cultural galego.
Méndez Ferrín dimite como presidente da Real Academia Galega
Xosé Luís Méndez Ferrín presentou a súa dimisión como presidente da Real Academia Galega (RAG). Fíxoo por carta, á comisión executiva da institución e aos membros numerarios. Tamén renuncia á súa condición de membro numerario da RAG.
Fonte: Culturagalega.org
Cultura e Educación presenta na Coruña o dicionario de alimentación e restauración galego-castelán-inglés
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deu a coñecer na Coruña o novo Dicionario de alimentación e restauración galego-castelán-inglés, elaborado polo Servizo de Terminoloxía Científico-Técnica Galega TERMIGAL, no que colaboran a Xunta de Galicia e a Real Academia Galega (RAG).
Fonte: Xunta de Galicia
Convócanse prazas para que o profesorado galego mellore as súas competencias lingüísticas no estranxeiro
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocará 140 prazas para a realización de itinerarios formativos para a mellora das competencias lingüísticas e comunicativa do profesorado.
Fonte: Xunta de Galicia
A Universidade de Vigo convoca catro bolsas de formación na súa Área de Normalización Lingüística
A Universidade de Vigo convoca catro bolsas de formación na súa Área de Normalización Lingüística (ANL) destinadas á formación complementaria do estudantado, que participará nas actividades de dinamización lingüística e formación que se desenvolven na ANL.
Fonte: CTNL
Boletín
Subscríbase ao boletín