Galicia

‘O Señor das dunas’ prosegue a súa andaina pola Rede de Dinamización Lingüística, da man de Cultura e Educación

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria volve, unha fin de semana máis, a achegarlle a lingua galega aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) por medio do programa ‘FalaRedes’.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello de Oroso convoca o concurso de receitas de Entroido “En galego sabe mellor”

O Concello de Oroso convoca o concurso de receitas de Entroido “En galego sabe mellor”, unha iniciativa que chega este ano á súa cuarta edición e coa que se busca combinar a recuperación de receitas tradicionais de Entroido co uso da lingua galega.

Fonte: Concello de Oroso

A Coruña é a única cidade de Galicia na que o Goberno local non usa o galego

O BNG denunciou que A Coruña é a única cidade da Comunidade Autónoma na que o Goberno local non utiliza o galego, pese a ser a urbe de Galicia con máis falantes desta lingua.

Fonte: La Opinión

Nace Táboas, un novo medio dixital en lingua galega especializado en deporte

Nace Táboas, un novo medio dixital en lingua galega especializado en deporte galego. O equipo redactor comprométese a ofrecer as principais novidades deportivas en Galicia, tratando con equidade os temas relacionados coas diferentes disciplinas (fútbol, baloncesto, patinaxe, competicións de motor…).

Fonte: Consello da Cultura Galega

Cultura e Educación leva ‘O Señor das dunas’ a tres concellos da Rede de Dinamización Lingüística na fin de semana

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levou a fin de semana ‘O Señor das dunas’ aos concellos de Fene, Abegondo e Forcarei, todos eles pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Miles de persoas maniféstanse en Santiago de Compostela en defensa do galego

Miles de persoas, convocadas pola plataforma Queremos Galego, percorreron as rúas de Santiago de Compostela en defensa da lingua galega e contra a política lingüística levada a cabo polos gobernos do Partido Popular, tanto na Xunta de Galicia como na Administración central.

Fonte: Europa Press

Bota a andar o Taboleiro do Libro Galego, un proxecto que achegará unha listaxe semanal das obras máis vendidas en lingua galega

Ramón Nicolás botou a andar o Taboleiro do Libro Galego. O proxecto achegará unha listaxe semanal das obras máis vendidas en galego, atendendo ás categorías de Narrativa, Poesía, Ensaio-Teatro, Literatura Infantil e Xuvenil, Banda Deseñada e mais Álbum Ilustrado.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Pontevedra promove o uso do galego entre o estudantado a través da música rap

A música é un gran vehículo para promover o uso do galego entre a xente nova e ese é o obxectivo que se propuxo a Concellería de Normalización de Pontevedra con este programa no que participa Aid, cantante e compositora de hip-hop e música urbana.

Fonte: La Voz de Galicia

O Correlingua 2013 xa ten abertos os prazos dos diferentes concursos

Galego: a chave do mundo. Ese é o lema da nova edición do Correlingua, a de 2013, que xa ten datas e que ten abertos os prazos dos diferentes concursos: vídeo, banda deseñada, elaboración de manifesto e cantalingua.

Fonte: CTNL

Un concurso do Instituto de Secundaria Laxeiro busca tradución ao galego para nove termos

A Vicedirección e o Equipo de Normalización Lingüística do IES Laxeiro convocan o concurso Nove palabras que precisa o galego.

Fonte: Faro de Vigo

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder