Galicia
A Xunta de Galicia pon en valor o legado de Francisco Fernández del Riego para conmemorar o centenario do seu nacemento
Galicia celebra o centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego, unha das figuras de referencia para o desenvolvemento da cultura galega no século XX.
Fonte: Xunta de Galicia
Convócanse os cursos preparatorios para a obtención do Celga en 2013
Política Lingüística publica a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios para as probas de Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, destinados a persoas adultas e a colectivos.
Fonte: CTNL
O Centro de Linguas da Universidade de Vigo aposta polo plurilingüismo como valor diferencial
Nun momento no que dominar varias linguas pode ser un valor diferencial á hora de introducirse no mercado laboral, os membros da comunidade universitaria e o público en xeral poden acceder a un amplo catálogo de cursos de idiomas en diferentes niveis adaptados ás necesidades dos interesados.
Fonte: Universidade de Vigo
O Consello da Cultura Galega presenta a primeira versión en galego da Constitución promulgada polas Cortes de Cádiz en 1812
O Consello da Cultura Galega presenta no Parlamento de Galicia a primeira versión en galego da “Constitución Política da Monarquía Española promulgada en Cádiz o 19 de marzo de 1812” e do “Discurso preliminar” lido nas Cortes de Cádiz ao presentar o proxecto.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Valedor do Pobo admite a trámite a queixa pola exclusión do galego na información turística de Santiago nas redes sociais
O Valedor do Pobo admitiu a trámite a queixa presentada polo BNG de Santiago ante a negativa do Goberno local do PP de usar a lingua galega na promoción da cidade a través das redes sociais Facebook e Twitter.
Fonte: La Región
A Deputación de Pontevedra convoca catro bolsas para licenciados-as/graduados-as en Filoloxía Galega
A Deputación de Pontevedra convoca bolsas de prácticas remuneradas para menores de 31 anos, entre as que están catro dirixidas a graduados-as/licenciados-as en Filoloxía Galega.
Fonte: CTNL
O conselleiro de Cultura participou na ofrenda floral a Castelao
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na ofrenda floral a Afonso Daniel R. Castelao.
Fonte: Xunta de Galicia
Xesús Vázquez avanza que, a pesar da redución orzamentaria da Xunta, a RAG verá incrementadas as súas prestacións
A Xunta de Galicia concederá á Real Academia Galega (RAG) para o presente ano un orzamento de 520 000 euros, tal e como se confirmou nun encontro mantido co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Fonte: Xunta de Galicia
O conselleiro de Cultura e Educación eloxia o papel de Isaac Díaz Pardo a prol do desenvolvemento da Galicia do século XX
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, eloxiou o papel de Isaac Díaz Pardo a prol do desenvolvemento da Galicia do século XX.
Fonte: Xunta de Galicia
Trinta inmigrantes de 14 países aprenderon galego en Carballo
Trinta inmigrantes chegados de Brasil, Chile, Colombia, Cuba, México, Nixeria, Paraguai, República Checa, República Dominicana, Romanía, Senegal, Uruguai, Venezuela e diversos puntos do Estado español concluíron o obradoiro de integración lingüística e cultural organizado polo Concello de Carballo.
Fonte: El Correo Gallego
Boletín
Subscríbase ao boletín