Galicia
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua presenta o vídeo "Gústame… o galego!"
Despois do éxito nas redes sociais das fotos da acción "Gústame o galego", chega agora un divertido e entusiasta vídeo co que moita xente quere seguir dicindo que lle gusta o galego.
Fonte: CTNL
Cultura e Educación dinamizará o galego este Nadal entre os máis novos co espectáculo “Brincabolechas. Circo de Nadal”

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou o novo espectáculo “Brincabolechas. Circo de Nadal”, un musical infantil co que os seis irmáns Bolechas e o seu can, Chispa, dinamizarán a lingua galega entre as nenas e nenos de sete cidades e vilas galegas.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación apoia a investigación en galego na entrega do premio do VI Certame Condado de Pallares
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou na entrega do premio do Certame de Investigación Condado de Pallares.
Fonte: Xunta de Galicia
Xaime Subiela gaña a XII edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, promovido por Cultura e Educación
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, deu a coñecer a obra gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2012, que nesta duodécima edición recaeu na obra Para que nos serve Galiza?, da autoría do chantadino Xaime Subiela Pérez.
Fonte: Xunta de Galicia
A RAG necesita preto dun millón de euros para manter o seu funcionamento actual
A Real Academia Galega (RAG) necesita ao redor dun millón de euros para manter o seu funcionamento actual. É o cálculo que realiza o seu presidente, Xosé Luís Méndez Ferrín, tendo en conta tanto as súas actividades e proxectos, como as súas instalacións, a súa páxina web e o persoal funcionario que traballa xunto cos académicos no día a día.
Fonte: Galicia Hoxe
'Cantámosche os Reis' recupera a tradición oral galega
Recuperar a tradición oral galega. Este é o meirande obxectivo do programa Cantámosche os reis, unha nova iniciativa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística porá en marcha até o próximo 4 de xaneiro.
Fonte: El Correo Gallego
Cultura e Educación estrea os obradoiros 'Cantámosche os Reis', para celebrar o Nadal cantando en galego
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria –por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística– pon en marcha Cantámosche os Reis, a segunda das iniciativas de “Nadal en Rede”, o programa que a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia aprobou, a proposta da súa Área Técnica, no marco da programación de actividades de difusión do galego para o ano 2012.
Fonte: Xunta de Galicia
A Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia fixa as súas liñas de actuación para o 2013
O Consello de Membros da Rede de Dinamización Lingüistica (RDL) celebrou hoxe, na Cidade da Cultura, a súa reunión anual na que se aprobou a programación anual de actividades para o ano 2013.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura e Educación apoia a proxección do documental 100 % Celso Emilio Ferreiro
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mostrou o seu apoio á longametraxe documental 100 % Celso Emilio Ferreiro. A proxección, que tivo lugar no Auditorio de Celanova, contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Fonte: Xunta de Galicia
O Consello da Cultura Galega contará con 2,5 millóns de euros en 2013
O Plenario do Consello da Cultura Galega aprobou un orzamento de 2,5 millóns de euros para 2013, o que supón unha diminución do 5,5 por cento con relación ao ano anterior.
Fonte: Culturagalega.org
Boletín
Subscríbase ao boletín