Galicia
A Asociación Trabalingua busca novos socios comprometidos coa lingua e a cultura galegas
Os membros da Asociación Trabalingua están este curso inmersos nunha ardua tarefa: buscar novos socios que garantan o relevo xeracional e a supervivencia dunha asociación de mozos e mozas da Universidade de Vigo preocupados pola situación actual da lingua galega.
Fonte: Universidade de Vigo
A Fundación Amigos de Galicia concédelle a Vegalsa-Eroski un galardón polo seu compromiso co galego no ámbito empresarial
A Fundación Amigos de Galicia concedeulle á entidade empresarial Vegalsa-Eroski un galardón polo seu compromiso co uso do galego no ámbito empresarial, así como polas accións sociais, ambientais e de fomento do emprego desenvolvidas en Galicia.
Fonte: CEG
O Concello de Vigo conta cun blog dedicado á toponimia local
O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Vigo leva dende setembro escribindo o blog Toponimia de Vigo, mantido polo propio SNL e as persoas que están recollendo a microtoponimia da zona.
A Mesa pola Normalización lingüística recoñece o apoio de Tuenti á lingua galega co premio Abertos ao Galego

A Mesa pola Normalización Lingüística recoñece co premio Abertos ao Galego a principal rede social para a mocidade en España, Tuenti, por incorporar o galego como unha opción que escollen cada día milleiros de mozos para comunicarse.
Fonte: Código Cero
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia reitera o seu aval ao equilibrio entre galego e castelán
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de constatar a legalidade, no seu conxunto, do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, no fallo que acaba de facerse público respecto do recurso presentado pola Real Academia Galega.
Fonte: Xunta de Galicia
Publícase unha guía de autoaxuda para aprender a falar e a escribir en galego con corrección
Un libro de autoaxuda repleto de consellos prácticos para galegofalantes e para as persoas que queren aprender a lingua galega. Así pode definirse Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, escrito por Carlos Callón.
Fonte: Galicia Confidencial
Xesús Vázquez Abad inaugura en Pontevedra o Culturgal 2012, A casa da cultura galega é a túa casa. Ti tes a chave
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Xesús Vázquez Abad, inaugurou o encontro Culturgal 2012, A casa da cultura galega é a túa casa. Ti tes a chave.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación promove o galego con dez sesións de ‘FalaRedes’ e ‘Os Axóuxeres’ na fin de semana
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a promover o galego polos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) por medio dos dous programas impulsados a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística: Os Axóuxeres e FalaRedes.
Fonte: Xunta de Galicia
Valentín García participa en Vigo no acto de nomeamento dos novos membros da Irmandade da Sanidade Galega
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, Valentín García, participou no acto de nomeamento dos novos membros da Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA).
Fonte: Xunta de Galicia
A Confederación de Empresarios de Galicia presenta a campaña “Vende en galego, vende en Nadal” dirixida ao comercio
O Servizo de Normalización Lingüística da Confederación de Empresarios de Galicia vén de presentar a campaña “Vende en galego, vende en Nadal” dirixida ao comercio galego e para a que elaborou diversos carteis publicitarios e felicitacións de Aninovo en lingua galega para as súas relacións coa clientela.
Boletín
Subscríbase ao boletín