Galicia

Arrancan os ‘Encontros dixitais dos axóuxeres’ organizados por Cultura e Educación para a Rede de Dinamización Lingüística

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, segue a poñer en marcha os diferentes formatos de actividades que inclúe a nova edición do programa de dinamización lingüística dos Axóuxeres, destinado a dinamizar a lingua galega e a súa transmisión interxeracional nas familias con fillos de entre cero e seis anos.

Fonte: Xunta de Galicia

Os servizos públicos asistenciais de Galicia adoecen de tradutores e intérpretes profesionais

O volume Tradución e interpretación nos servizos públicos asistenciais de Galicia constitúe o primeiro estudo empírico que se fai nesta comunidade sobre a tradución e a interpretación nos diferentes ámbitos dos servizos públicos e asistenciais galegos.

Fonte: Universidade de Vigo

A Fundación Curros Enríquez publica un caderno de poemas con gravados e lingua de signos

A Fundación Curros Enríquez publicou un caderno con poemas de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Xosé Luis Méndez Ferrín onde se combina o gravado coa lingua de signos, o braille e a poesía.

Fonte: Faro de Vigo

A versión preliminar do Internet Explorer 10 para Windows 7 está dispoñible tamén en galego

Pódese descargar a versión en español do navegador para Windows 7, completándoa co paquete de interface de idiomas (LIP) correspondente se queremos que estea dispoñible en éuscaro, catalán ou galego.

Fonte: Código Cero

Un total de 16 traballos aspira a gañar no certame de comedia ‘Somos a curta!’ no que se mestura humor e lingua galega

Humor e lingua galega son os ingredientes principais das 16 curtametraxes presentadas á segunda edición de ‘Somos a curta!’, certame organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Ciencias da Comunicación en colaboración coa Liga Estudantil Galega.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Ponse en marcha un proxecto piloto para fomentar o uso do galego en ámbitos especializados

A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística aproveitou a celebración das Xornadas de Automatización Industrial para levar a cabo un proxecto piloto financiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia co que darlle visibilidade ao galego como lingua de transferencia de coñecemento en encontros científicos.

Fonte: Universidade de Vigo

Cultura e Educación participa na XXII edición da entrega dos premios San Martiño de Normalización Lingüística

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborou un ano máis nos premios San Martiño de Normalización Lingüística, que foron entregados aos tres galardoados nun acto que se desenvolveu no Teatro Principal estradense, e no que estivo presente o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Fonte: Xunta de Galicia

Blogger actualiza e galeguiza as súas aplicacións móbiles

Os usuarios cun blog en Blogger que desexen publicar en mobilidade poden aproveitar as aplicacións oficiais para iOS e Android do servizo de bitácoras de Google, que veñen de chegar á súa versión 2.0, incorporando numerosas funcións. A nova aplicación está localizada a máis de 30 linguas, entre as que non faltan o éuscaro, o catalán e o galego.

Fonte: Código Cero

Pídenlle á dirección do novo centro comercial de Santiago de Compostela, As Cancelas, que aposte polo galego na súa web

Agás no caso de complexos como Área Central, difícil será atopar un centro comercial que aposte polo galego, tanto para súa comunicación convencional como no que se refire á web e ás redes sociais. Así, lémbranos A Mesa pola Normalización Lingüística, quedou claro os días pasados, logo de que desaparecera definitivamente a presenza desta lingua da páxina web de As Cancelas.

Fonte: Código Cero

Cultura e Educación desprega ‘Os Axóuxeres’ e ‘FalaRedes’ en 13 localidades galegas durante a fin de semana

Unha fin de semana máis a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achegaralles ás localidades adscritas á Rede de Dinamización da Xunta de Galicia (RDL) os dous programas de promoción do galego que está a despregar simultaneamente por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder