Galicia
Os encontros dos Axóuxeres enchen a fin de semana de música, xogos e palabras para os máis pequenos da casa
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, botou a andar os Encontros teatrais dos Axóuxeres destinados aos máis pequenos do fogar e ás súas familias.
Fonte: Xunta de Galicia
O Diario Oficial de Galicia publica a lista de axudas á tradución que chegan a 74 proxectos
O Diario Oficial de Galicia publica a listaxe de proxectos que se benefician das axudas para tradución da Consellería de Cultura, que contaron nesta xeira cun total de 167 999 euros. A liña afecta tanto a versións en galego de obras foráneas como á translación a outras linguas desde o galego.
Fonte: Culturagalega.org
O alumnado de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela visita a Secretaría Xeral de Política Lingüística
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da súa Secretaría Xeral de Política Lingüística, acolleu a visita do alumnado da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que se está a especializar na planificación sociolingüística do galego, no marco dos estudos pertencentes á titulación de Filoloxía Galega.
Fonte: Xunta de Galicia
Unha nova aplicación en galego para Android permite recoñecer as especies de cogomelos máis comúns de Galicia
Grazas á aplicación para dispositivos con Android 2.1 ou superior chamada MicoKey, traducida ao galego e de balde, temos a posibilidade de recoñecer as especies de cogomelos máis comúns en Galicia.
Fonte: CEG
Búscanse persoas voluntarias para traducir Twitter ao galego
O 18 de setembro Twitter comunicou a todos os que pediran unha tradución ao galego que, por fin, ían tela. A cambio, os usuarios, sen aspirar a unha remuneración, deben elaborar un glosario nesta lingua.
Fonte: El País
Os responsables das xornadas Proxéctate en Galego anuncian unha plataforma dixital para darlle valor a esta lingua nas TIC
O pasado 26 de outubro daban comezo en Lugo unhas xornadas baixo o título Proxéctate en Galego. No encontro quíxose subliñar o potencial do galego como lingua de cara ao emprendemento, á tecnoloxía e á comunicación e informouse da próxima posta en marcha do Espazo USC: Proxéctate en Galego.
Fonte: Código Cero
O corrector ortográfico do galego Hunspell estrea nova versión
A comunidade aberta dedicada á adaptación ao galego do sistema GNU-Linux e do software libre en xeral, Proxecto Trasno, vén de liberar unha nova versión do corrector ortográfico Hunspell para o galego: a versión 12.10 'Manuel Pintos', un traballo realizado baixo a coordinación de Antón Méixome.
Fonte: Sermos Galiza
Feijóo salienta o traballo do Centro Ramón Piñeiro para facer do galego unha ferramenta apta para calquera campo do saber
O presidente en funcións da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou, durante unha xuntanza cos directores dos proxectos do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, o traballo deste organismo para facer do galego unha ferramenta apta para calquera campo do saber.
Fonte: Xunta de Galicia
A empresa CilenisTM elabora unha ferramenta que examina automaticamente a calidade do galego escrito
CilenisTM, a empresa Spin-Off especializada en produtos de enxeñería lingüística, elaborou unha ferramenta que examina de forma automática a calidade do idioma galego na escrita.
Fonte: CEG
A aplicación de busca de Google para iOS xa entende o galego falado
Google renovou a súa aplicación de busca para iPhone, iPod Touch e iPad, que facilita o uso das aplicacións en liña de Google dende os dispositivos de Apple e que destaca especialmente por permitir introducir consultas mediante voz, o que, ao igual que acontece co widget de busca de Google para Android, tamén pode configurarse agora en galego.
Fonte: Código Cero
Boletín
Subscríbase ao boletín