Galicia

Cultura e Educación apoia a posta en valor dos novos creadores a través do premio de poesía Novacaixagalicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aposta pola difusión das novas voces poéticas a través do Premio de Poesía Novacaixagalicia, co que colaborará a partir da edición do ano 2013.

Fonte: Xunta de Galicia

Vázquez Abad salienta o Culturgal 2012 como un espazo para o nacemento de novas oportunidades no sector das industrias culturais

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Xesús Vázquez Abad, participou na rolda de prensa de presentación da edición 2012 da Feira das Industrias Culturais Culturgal.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación inaugura o congreso internacional ‘Medioevo europeo. Culturas medievais e fontes tecnolóxicas’

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou o congreso Medioevo europeo. Culturas medievais e fontes tecnolóxicas.

Fonte: Xunta de Galicia

O certame de cinema Ouff Escola 2012 premia os mellores proxectos audiovisuais escolares co apoio de Cultura e Educación

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega de premios do IV Certame de Cinema OUFF Escola.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación celebra o mes da ciencia e da tecnoloxía en galego cunha conferencia sobre o inventor Ramón Verea

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra o mes da ciencia e da tecnoloxía en galego cunha conferencia, organizada a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, sobre o inventor estradense Ramón Silvestre Verea García, figura homenaxeada este ano no Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego, xunto con Leonardo da Vinci.

Fonte: Xunta de Galicia

A base de datos de bUSCatermos achega en acceso libre ata 180 000 denominacións galegas

A base de datos terminolóxica bUSCatermos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) púxose a disposición de toda a comunidade internauta a comezos de outubro co obxectivo de atender as demandas lingüísticas dos usuarios alleos á USC. Con esta nova andaina, temos ao alcance da man a cifra de 180 000 denominacións galegas.

Fonte: Código Cero

Pontevedra acollerá do 13 ao 15 de decembro o congreso sobre Paz Andrade

A Real Academia Galega porá o broche aos actos dedicados este ano a Valentín Paz Andrade co congreso sobre o economista e galeguista que se celebrará no Pazo da Cultura pontevedrés do 13 ao 15 de decembro.

Fonte: La Voz de Galicia

O Concello de Carballo organiza un obradoiro para transmitir o galego co poder emocional dos cantos de berce

O Servizo de Normalización Lingüística de Carballo organiza un obradoiro de nanas dirixido a nais e pais, presentes ou futuros, así como a outr@s familiares e formador@s que queiran aprender ou practicar o aproveitamento do poder emocional das nanas e cantos de berce para arrolar os bebés, transmitíndolles o galego desde o inicio.

Fonte: CTNL

Convócase na Universidade de Santiago un concurso de vídeos que conxuguen, en lingua galega, economía con enxeño

Conxugar en lingua galega economía con enxeño. Diso trata o primeiro concurso de vídeos que organiza a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, que anima a presentar antes do 23 de novembro pezas de menos de 5 minutos de duración sobre un tema económico-empresarial en galego.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A conferencia ‘A lingua galega e a medicina humanista’ abre o novo curso da academia médico-cirúrxica de Santiago de Compostela

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Sesión Inaugural do Curso 2012-2013 da Academia Médico-Cirúrxica de Santiago de Compostela.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder