Galicia
Cultura e Educación participa na clausura do XVI Outono Pondaliano
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este serán no acto de clausura do amplo programa de actividades desenvolvido pola Fundación Eduardo Pondal, no marco do Outono Pondaliano, co que colabora a Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura e Educación leva ao Espazo Xoven de Ourense a exposición multimedia sobre Valentín Paz-Andrade
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva desde hoxe ata o vindeiro 5 de novembro a exposición multimedia sobre Valentín Paz-Andrade ao Espazo Xoven de Ourense, como parte da itinerancia desta mostra que percorre a vida e obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación leva a mostra Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de memorias dun neno labrego ao concello de Oleiros
A Consellería de Cultura e Educación, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou hoxe na Fábrica oleirense a exposición “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego”, coa que a Xunta de Galicia lle rende tributo á figura de Balbino e mais ao seu creador, o escritor Xosé Neira Vilas.
Fonte: Xunta de Galicia
Carballo únese á iniciativa «Galeg@ para sempre»
En vésperas do día de Todos os Santos, varios carballeses a nivel individual rubricarán hoxe a declaración Galeg@ para sempre, na que, segundo explicaron dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello, recoñécese «a lingua como factor principal da galeguidade» e coa que se quere facer público o desexo de que, en caso de morte, o asinante desexa «ser lembrado en galego en posibles actos, funerais, recordatorios, lápidas, necrolóxicas, etc...».
Fonte: La Voz de Galicia
‘FalaRedes’ e ‘Os Axóuxeres’ enchen a ponte de novembro de actividades nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, nutre dun amplo abano de actividades as localidades da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) durante a ponte de novembro.
Fonte: Xunta de Galicia
Docentes da Universidade de Vigo e a Unidade de Igualdade publican un manual para evitar prácticas sexistas

As autoras do Manual de linguaxe inclusiva no ámbito universitario, Ana Bringas, Olga Castro, María Jesús Fariña, Belén Martín e Beatriz Suárez, asumiron a encomenda da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo de elaborar unha publicación que establece pautas para o emprego dunha linguaxe inclusiva na institución académica viguesa.
Fonte: Universidade de Vigo
Escolas infantís de Vigo ensinan a bebés a comunicarse con signos antes de falar
A tese é aplicar a lingua de signos para que se comuniquen o bebé e os seus pais, pero sen códigos complexos. O psicólogo José Cardama, en colaboración coa Universidade de Vigo, co Grupo de Investigación de Linguas Signadas (Griles) da Facultade de Tradución e Interpretación son os impulsores desta técnica.
Fonte: Faro de Vigo
Árabe, chinés mandarín e romanés son os idiomas máis demandados no Servizo de Teletradución para mulleres da Xunta de Galicia
Árabe, chinés mandarín e romanés son os idiomas máis demandados durante o primeiro semestre deste ano no Servizo de Teletradución instalado pola Secretaría Xeral de Igualdade nos centros de información á muller, nas casas de acollida que asisten as vítimas de violencia de xénero e nas entidades e ONG que desenvolven a súa actividade solidaria neste eido.
Fonte: Xunta de Galicia
Os primeiros anuncios publicitarios en lingua galega datan do século XIX
Pequenos comerciantes locais, médicos e escritores foron os primeiros en empregar o galego para promocionarse a través da publicidade, un eido no que entrou a lingua ao mesmo tempo que o facía na prensa. Era o século XIX e empregárona sobre todo firmas galegas, pero tamén foráneas, como a afamada Singer.
Fonte: El Progreso
A Consellería de Cultura e Educación propón un novembro de astronomía, contacontos e banda deseñada nas bibliotecas nodais
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria propón para o mes de novembro un completo programa de actividades para todos os públicos nas bibliotecas nodais de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín