Galicia
Cultura e Educación apoia o proxecto de recuperación da tradición oral ‘Ponte na fala’, impulsado polo Concello de Ponteceso

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, asistiu á presentación de Ponte na fala, un proxecto de recuperación da tradición oral.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación continúa a programar ‘FalaRedes’ nos concellos da Rede de Dinamización
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa promovendo o uso da lingua galega nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), por medio do programa de actividades ‘FalaRedes’.
Fonte: Xunta de Galicia
O certame Somos a curta! volve premiar humor e lingua na súa segunda edición

O humor volve ser a clave do certame Somos a curta! que por segundo ano consecutivo pon en marcha a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela coa colaboración da Liga Estudantil Galega e o Servizo de Normalización Lingüística.
O Museo de Arte Iconográfica de Allariz rompe barreiras de accesibilidade coa achega de signoguías
O Museo de Arte Iconográfica de Allariz vén de estrear un novo servizo gratuíto de signoguías, unha ferramenta pioneira no panorama dos centros de arte galegos e que quere achegar o museo ás persoas con discapacidade auditiva, dándolles autonomía ao longo da visita.
Fonte: Código Cero
A aplicación para móbiles MeteoSIX, con menú en galego, castelán e inglés, supera as 20 000 descargas
Obter no móbil a predición meteorolóxica para calquera punto de Galicia ou da súa costa é moi sinxelo grazas á aplicación MeteoSIX Mobile, dispoñible para os teléfonos intelixentes e tabletas cos sistemas Android e iOS (iPhone e iPad) e que ademais conta cun menú en galego, castelán e inglés.
Fonte: Cesga
Cultura e Educación propón un percorrido pola vida e obra de Valentín Paz-Andrade na Biblioteca Nodal da Coruña
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria propón un percorrido pola vida e pola obra de Valentín Paz-Andrade a través dunha exposición multimedia sobre o escritor e empresario, que pode visitarse na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés.
Fonte: Xunta de Galicia
Un curso ligará o uso do galego co desenvolvemento de habilidades comunicativas orais e a iniciación na argumentación xurídica
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Dereito desenvolverá un obradoiro que ligará a utilización da lingua galega co desenvolvemento de habilidades comunicativas orais e a iniciación na natureza, instrumentos, límites e fins da argumentación xurídica aos futuros/as profesionais.
O colectivo Galsoft desenvolve unha distribución Linux, en galego, para a mocidade
A Asociación Xuvenil de Software Libre Galsoft, co obxectivo de acadar en Galicia un panorama de dispoñibilidade total de programación aberta, facendo fincapé na mocidade e mais na lingua galega, está a desenvolver unha distribución libre neste idioma de uso xeral: Galsoft Linux.
Fonte: Código Cero
A Consellería de Cultura e Educación participa na presentación da VIII Xornada de Normalización Lingüística
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura da VIII Xornada de Normalización Lingüística organizada pola Federación de Escolas Católicas de Galicia (FEREGA-CECA).
Fonte: Xunta de Galicia
Un foro da Universidade de Santiago mostra as posibilidades do galego como lingua para a ciencia, a tecnoloxía e o emprendemento
As comisións de normalización lingüística dos centros do Campus de Lugo da Universidade de Santiago organizan conxuntamente o foro "Proxéctate en galego", un encontro que, en palabras dos seus promotores, ten como obxectivo "mostrar que o galego é unha oportunidade para o emprendemento, para a ciencia e para a comunicación entre as persoas.
Fonte: USC
Boletín
Subscríbase ao boletín