Galicia

Xesús Vázquez Abad presenta o novo programa de televisión infantil en galego ‘Os Bolechas’

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou o novo programa de televisión en galego, Os Bolechas, dirixido aos máis pequenos da casa, durante unha festa de lanzamento na que participaron máis de 250 rapaces e rapazas.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación impulsa o ensino da lingua galega fóra da comunidade autónoma

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de dar un novo impulso á liña de actuacións que desenvolve, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, para a promoción e difusión da lingua galega.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación destaca a importancia da literatura galega na apertura do VII Ciclo Escritores na Universidade

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo na mesa inaugural do VII Ciclo de conferencias e mesas redondas Escritoras/es na Universidade.

Fonte: Xunta de Galicia

Twitter falará en galego grazas a unha campaña apoiada pola Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia comparte coa colectividade cibernauta que apoiou a iniciativa Twitter en galego, XA! -promovida por Ian Vázquez- a súa gran satisfacción pola apertura da coñecida rede social Twitter á tradución ao galego.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación presenta novos materiais en galego dirixidos á formación profesional

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou a versión galega do libro electrónico elaborado no marco do proxecto Agrupación de Centros (DRMA20), desenvolto por docentes da familia profesional de Transporte e mantemento de vehículos de catro comunidades autónomas (Galicia, Navarra, Murcia e Canarias) e coordinado polo CIFP Porta da Auga de Ribadeo.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación renovará os convenios coas universidades do Algarve, Lisboa, Granada e Padua

As universidades do Algarve (Portugal), Granada, a Universidade Nova de Lisboa e a Università degli Studi di Pádua (Italia) continuarán a colaborar coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, da literatura e da cultura galegas.

Fonte: Xunta de Galicia

Xesús Vázquez participa en Verín na actividade da Rede de Dinamización Lingüística ‘O señor das dunas’

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, desprazouse ata a localidade ourensá de Verín para participar no espectáculo ‘O señor das dunas’.

Fonte: Xunta de Galicia

Bubblis, un novo xogo para móbiles, está dispoñible en galego

On Game Creative lanza Bubblis, un videoxogo de palabras e quebracabezas dispoñible en 44 idiomas entre os que están o catalán, o éuscaro e o galego.

Fonte: Código Cero

Valentín García abre as xornadas "Manuel Reimóndez Portela"

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Museo da Madeira e do Moble (MOME) na apertura das xornadas "Manuel Reimóndez Portela, un médico na aldea 20 anos despois".

Fonte: Xunta de Galicia

‘Querido Balbino,1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego” chega á Laracha da man de Cultura e Educación

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, desprazouse á Laracha para facer un percorrido pola mostra “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego”.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder