Galicia

Cultura e Educación congrega especialistas en literatura infantil e xuvenil nun seminario internacional

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), adscrito á Secretaría Xeral de Política Lingüística, foi a anfitrioa da xuntanza científica que desenvolve con periodicidade anual en Galicia a Rede Temática de Literaturas Infantís e Xuvenís do Ámbito Ibérico e Iberoamericano.

Fonte: Xunta de Galicia

A vida e a obra de Valentín Paz-Andrade chegan a Pontevedra a través dunha mostra multimedia de Cultura e Educación

A vida e a obra de Valentín Paz-Andrade chegan a Pontevedra a través dunha exposición multimedia promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello de Vigo colabora na recuperación e posta en valor da microtoponimia nas parroquias da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou un protocolo de colaboración coas comunidades de montes de Cabral, Comesaña, Candeán e Zamáns, ademais da Entidade Menor de Bembrive para recoller e poñer en valor a microtoponimia das parroquias da cidade.

Fonte: Concello de Vigo

Cultura e Educación asina convenios coas universidades de Barcelona, Bahía e Heidelberg para a proxección da lingua galega

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria daralle continuidade nos tres próximos cursos académicos á proxección da lingua galega na Universitat de Barcelona, na Universidade Federal de Bahía (Brasil) e na Ruprecht-Karls-Universität Heidelberg (Alemaña), a través da sinatura de acordos de colaboración para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, da literatura e da cultura galegas.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia pon en marcha a primeira edición dos cursos de linguaxe administrativa e xurídica en liña de nivel superior

A Xunta de Galicia pon en marcha a primeira edición dos cursos de linguaxe administrativa e xurídica en liña de nivel superior, dirixidos a seguir capacitando lingüisticamente o persoal público.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación enche de actividades as localidades da Rede de Dinamización Lingüística durante a fin de semana

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desprega durante a fin de semana unha manchea de actividades de promoción do galego destinadas ás entidades adheridas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL).

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia presenta en Santiago de Compostela o novo corrector de galego Imaxín Galgo 2.0

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou na Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia a nova versión do corrector de galego Imaxín Galgo 2.0.

Fonte: Xunta de Galicia

Preséntase a campaña 'Móllate polo galego' destinada a aumentar a sensibilidade da mocidade pola lingua

O obxectivo da campaña "Móllate polo galego" é aumentar a sensibilidade dos mozos polo idioma galego, concienciándoos sobre a importancia de empregar a lingua propia de Galicia en todos os eidos, e tamén de xeito lúdico e artístico. A campaña está impulsada pola plataforma de medios en lingua galega Vitaminas para o Galego.

Fonte: Praza Pública

Cultura e Educación presenta na Mariña lucense os Monólogos de serán da Rede de Dinamización Lingüística

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio do seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou en Foz os Monólogos de serán, a nova iniciativa posta en marcha no marco da Rede de Dinamización Lingüística (RDL).

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación participa na mesa redonda ‘A importancia das mulleres no cine galego e en galego: a visión de Chano Piñeiro’

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada na figura do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na mesa redonda ‘A importancia das mulleres no cine galego e en galego: a visión de Chano Piñeiro’.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder