Galicia
Cultura e Educación apoia o IGADI no seu labor de análise e difusión de documentación internacional en galego
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou as accións desenvolvidas polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) ao longo deste ano 2012 en colaboración co departamento que dirixe Xesús Vázquez Abad, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura e Educación e mais a Deputación da Coruña levan ‘Redecinema’ a Betanzos
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística e presidente da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), Valentín García, presentou en Betanzos o programa Redecinema.
Fonte: Xunta de Galicia
O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela presenta un vocabulario do ámbito forestal

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (USC) presenta o sexto volume da súa colección ‘Vocabularios temáticos’, dedicado nesta ocasión ao ámbito forestal, e no que se recollen máis de 2400 termos en galego, castelán e inglés, nunha edición do Servizo de Publicacións da USC que contou coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo.
A Consellería Cultura e Educación leva o lecer en galego a 12 concellos da Rede de Dinamización nesta fin de semana
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a dinamizar o galego nos concellos e entidades adheridas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL).
Fonte: Xunta de Galicia
A plataforma Prolingua promoverá o galego no deporte e nas pemes
Prolingua, a plataforma a prol da defensa e da promoción da lingua galega, celebrou unha asemblea para renovar a súa Cerna ou órgano permanente de dirección, definir o seu funcionamento e accións prioritarias para os dous vindeiros anos, ademais de aprobar un chamamento ás distintas organizacións políticas con motivo das eleccións do 21 de outubro en relación coa lingua e cultura galegas.
Fonte: Praza Pública
Cultura e Educación participa na entrega do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega do XVII Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela.
Fonte: Xunta de Galicia
Valentín García participa en ‘O Señor das dunas’, no marco do programa FalaRedes, da Rede de Dinamización Lingüística
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu en Dodro ao espectáculo ‘O Señor das dunas’ do programa FalaRedes, organizado pola Consellería de Cultura e Educación para as localidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
Un novo colectivo xuvenil promoverá o uso do galego en Ourense
Ourense contará cunha nova asociación cultural xuvenil, As Canellas, que se presentará o vindeiro 30 de setembro. O obxectivo desta iniciativa é o de conservar e promover a lingua e a cultura galegas.
Fonte: La Región
A Biblioteca Ánxel Casal de Santiago acolle a exposición sobre Valentín Paz-Andrade que promove Cultura e Educación
A exposición multimedia sobre Valentín Paz-Andrade que promove a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria chegou á Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela.
Fonte: Xunta de Galicia
O certame ‘Somos a curta!’ volverá conxugar humor e lingua na súa segunda edición
O día 7 de novembro é a data límite para participar no certame Somos a curta!, que por segundo ano consecutivo pon en marcha a Comisión de Normalización Lingüística de Ciencias da Comunicación coa colaboración da Liga Estudantil Galega e o Servizo de Normalización Lingüística.
Boletín
Subscríbase ao boletín