Galicia
Cultura e Educación dálle continuidade á proxección do galego a través de convenios con universidades españolas e estranxeiras
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dará continuidade nos tres próximos cursos académicos á proxección da lingua galega, tanto no resto do Estado español coma no estranxeiro, a través da sinatura de acordos de colaboración para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación arranca a segunda etapa de FalaRedes con máis de cen sesións destinadas a concellos da Rede de Dinamización
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inicia o mes de setembro coa posta en marcha da segunda fase de desenvolvemento do programa de dinamización lingüística FalaRedes, impulsado polo departamento dirixido por Vázquez Abad, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación presenta en Ponteceso os ‘Monólogos de Serán’ da Rede de Dinamización Lingüística
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou na localidade bergantiñá de Ponteceso outra nova iniciativa recollida na programación de actividades para o ano 2012, aprobada polo Consello de Membros da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) o pasado decembro.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación organiza unha xornada de actualización metodolóxica e didáctica
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organizou unha xornada de actualización metodolóxica e didáctica dirixida ao profesorado colaborador encargado de titorizar os cursos en liña de linguaxe administrativa e xurídica de nivel medio e superior.
Fonte: Xunta de Galicia
Vázquez Abad participa na entrega da XXVIII edición do Premio Celanova, Casa dos Poetas, ao actor Luís Tosar
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na entrega do XXVIII Premio Celanova, Casa dos Poetas, da que é patrón a Consellería, e que esta edición recaeu no actor Luís Tosar.
Fonte: Xunta de Galicia
A mostra sobre Valentín Paz-Andrade da Consellería de Cultura e Educación retoma nas bibliotecas o seu percorrido por Galicia
A exposición sobre Valentín Paz-Andrade que promove a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inicia a segunda etapa da súa itinerancia na Biblioteca Pública de Pontevedra.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura e Educación e mais a Deputación da Coruña achegan ‘Redecinema’ a Ferrol
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística e presidente da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), Valentín García, presentou en Ferrol Redecinema, no marco da que chegará a este concello o filme Vilamor.
Fonte: Xunta de Galicia
A Confederación de Empresarios de Galicia pon a disposición do comercio materiais en galego para a campaña “Volta ao cole”
O Servizo de Normalización Lingüística da Confederación de Empresarios de Galicia, co motivo do inicio da actividade escolar, pon a disposición do comercio galego un vocabulario e un soporte dixital en lingua galega para a campaña “Volta ao cole”.
Fonte: CEG
‘Redecinema’ chega a Santiago de Compostela da man da Consellería de Cultura e Educación e da Deputación da Coruña
O programa Redecinema foi presentado en Santiago de Compostela a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística e presidente da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), Valentín García.
Fonte: Xunta de Galicia
A Universidade de Santiago de Compostela incorpora a lingua de signos á oferta académica do Centro de Linguas Modernas
O Centro de Linguas Modernas (CLM) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) abriu a matrícula do seu programa de cursos para o ano académico que comeza, no que ofertará cursos en 13 linguas, entre elas, como novidade, a lingua de signos.
Fonte: El Correo Gallego
Boletín
Subscríbase ao boletín