Galicia
Cultura e Educación organiza tres xornadas formativas de actualización para o profesorado avaliador das probas Celga 2012
A Consellería de Cultura e Educación organiza tres xornadas formativas para os 203 avaliadores e examinadores das probas Celga 2012.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura e Educación pecha a semana grande das Letras Galegas con 11 actividades de ‘FalaRedes’
O programa de dinamización lingüística FalaRedes, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pecha a semana grande das Letras Galegas con 11 actividades de promoción da lingua en cadanseu concello.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación leva a Ponteceso 'Querido Balbino. 50 anos de Memorias dun neno labrego’, no marco das Festiletras 2012
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a lle render homenaxe ao escritor Xosé Neira Vilas a través da exposición itinerante ‘Querido Balbino. 50 anos de Memorias dun neno labrego’, coa que o departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad está a achegar ás galegas e galegos unha das figuras máis senlleiras da literatura galega de todos os tempos, o pequeno Balbino, e ao seu autor.
Fonte: Xunta de Galicia
A Universidade de Santiago de Compostela analiza os resultados do Estudo Europeo de Competencia Lingüística encargado pola UE
O traballo pretende proporcionar aos Estados membros información comparable sobre as competencias en linguas estranxeiras do alumnado europeo ao finalizar a Educación Secundaria Obrigatoria así como coñecer boas prácticas que permitan mellorar a súa aprendizaxe.
A Fundación Pedrón de Ouro entrega os seus galardóns que recoñecen as accións en defensa da lingua e a cultura galegas
A asociación Nova Escola Galega e o artista Henrique Ortiz recibiron os galardóns que cada ano entrega a Fundación Pedrón de Ouro co obxectivo de recoñecer as accións en defensa da lingua, a cultura e o patrimonio de Galicia.
Fonte: 20minutos
Premian a empresa Imaxin Software pola súa defensa e promoción da lingua galega
O Premio Leixaprén, que na edición do curso 2011-2012 estivo organizado pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL), recaeu na empresa compostelá Imaxin Software, que leva anos desenvolvendo programas informáticos e empregando o galego en todos os ámbitos de xestión da empresa.
Fonte: Código Cero
A xustiza considera plenamente legal a consulta ás familias sobre as linguas no sistema educativo non universitario de Galicia
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de desestimar o recurso interposto pola asociación Nova Escola Galega contra a consulta ás familias sobre as linguas no sistema educativo non universitario.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura e Educación continúa coa lembranza de Celso Emilio coa participación na xornada 'Xigantes ou Ananos?'
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a pór en valor a obra e figura de Celso Emilio Ferreiro, no marco da celebración do Ano Celso Emilio, co gallo da conmemoración do centenario do seu nacemento.
Fonte: Xunta de Galicia
A Universidade de Santiago de Compostela oferta cursos intensivos de verán en quince idiomas
Alemán, árabe, catalán, checo, chinés, eslovaco, francés, grego moderno, húngaro, inglés, italiano, polaco, portugués, ruso e xaponés son os idiomas que o Centro de Linguas Modernas (CLM) da Universidade de Santiago de Compostela ofrece este verán nos seus cursos intensivos.
Unha ferramenta galega para aprender idiomas supera as 50 000 descargas en Google Play
A versión gratuíta da aplicación Escucha y Aprende Inglés para Android conseguiu superar as 50 000 descargas, dato que deixa constancia do interese que atrae esta ferramenta.
Fonte: Código Cero
Boletín
Subscríbase ao boletín