Galicia

Valentín García asiste en Ribadavia á constitución da Irmandade Galega de Adegueiros

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu en Ribadavia ao acto de constitución da Irmandade Galega de Adegueiros, promovido polo Foro Enrique Peinador.

Fonte: Xunta de Galicia

O Instituto Cervantes e a Consellería de Cultura e Educación colaborarán na difusión da lingua e a cultura galegas no exterior

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Instituto Cervantes comprométense a colaborar na difusión da lingua e cultura galegas no ámbito internacional.

Fonte: Xunta de Galicia

A Mesa pola Normalización Lingüística salienta o labor a prol do galego da empresa de informática Ceros e Uns

Unha das liñas de actividade da Mesa pola Normalización Lingüística é a de salientar o compromiso das empresas con respecto ao galego. Neste compromiso, destaca a asociación, cobran especial importancia empresas ligadas á innovación e ao tecnolóxico, como é o caso de Ceros e Uns, firma de informática emprazada en Ponteareas.

Fonte: Código Cero

Alumnos de toda Galicia participan en Vigo nun programa de inmersión lingüística con profesorado canadense

O Centro Residencial Docente do Meixoeiro (Vigo) acolle a 135 alumnos de toda Galicia que participan nun campamento de inmersión lingüística promovido pola Xunta. Os estudantes aprenden o idioma con profesores na súa maioría canadenses e sen noción ningunha de español.

Fonte: Faro de Vigo

O Concello de Muxía premia seis traballos infantís para contribuír a dinamizar a lingua galega

O alcalde de Muxía, Félix Porto, entregou os premios do concurso Durmo... se me contas un conto, organizado polo Concello para dinamizar a lingua galega e fomentar traballos entre pais e fillos.

Fonte: La Opinión de A Coruña

A campaña para que se poida usar Twitter en galego colle un novo pulo

En Galicia vén de poñerse en marcha unha iniciativa de recollida de sinaturas en change.org, para pedir Twitter en galego, xa. Comezou este martes e achégase xa ao milleiro de apoios.

Fonte: Praza Pública

O conselleiro de Cultura e Educación participa no acto conmemorativo do 127 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria resaltou a universalidade da poesía desta autora e sinalou a necesidade de transmitir o esencial da súa obra.

Fonte: Xunta de Galicia

A lingua portuguesa quere volver a Galicia

A Xunta segue sen ofrecer clases nos institutos a pesar do aumento da demanda nos últimos anos e da proximidade lingüística co galego.

Fonte: El País

Trinta e seis aspirantes concorren á selección das seis prazas de lector de galego convocadas por Cultura e Educación

Trinta e seis aspirantes presentáronse ás entrevistas persoais do proceso de selección de profesores-lectores para seis dos 29 lectorados de lingua, literatura e cultura galegas no exterior. A Consellería de Cultura e Educación renova por medio desta convocatoria seis dos 29 lectorados universitarios cos que conta a Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua remítelle á Xunta unha proposta integral de mellora dos Celga

Cinco anos despois da implantación do sistema de acreditación da competencia en lingua galega para persoas adultas, o sistema Celga, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) fai pública e remítelle á Xunta unha proposta integral coa finalidade de mellorar o sistema e de que se corrixan as numerosas eivas detectadas.

Fonte: CTNL

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder