Galicia
A revista Eroski Consumer xa está en galego
A cadea de supermercados Vegalsa-Eroski acaba de editar a súa revista mensual en galego. A aposta por esta lingua, e polo resto das linguas oficiais do estado español, vén xa de hai tempo, e na súa páxina web ofrécense todos os seus contidos en lingua galega.
Fonte: SNL Redondela
Cultura e Educación difunde no exterior a obra poética de Celso Emilio Ferreiro coa tradución ao inglés de Longa noite de pedra
Long Night of Stone é o título co que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria difundirá a obra do escritor Celso Emilio Ferreiro no ámbito internacional.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación promove o ensaio en galego coa publicación da obra gañadora do XI Premio Ramón Piñeiro de ensaio
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, presentou Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións, da monfortina Teresa Moure, a obra gañadora do XI Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2011, publicada agora pola editorial Galaxia.
Fonte: Xunta de Galicia
Unha xuíza de Vigo rexeita unha demanda por estar escrita "en galego"
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou "un novo e grave caso de discriminación" contra o galego na Xustiza, posto que unha xuíza de Vigo rexeitou unha demanda por estar escrita nesta lingua.
Fonte: Galicia Hoxe
Xesús Vázquez Abad entrega os premios do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos!
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, entregou os premios a curtas de animación en galego realizados coa técnica stop-motion do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos!
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación participa na entrega do II Premio MOME de teatro Varela Buxán
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega do II Premio MOME de Teatro Varela Buxán.
Fonte: Xunta de Galicia
Valentín García participa en “Galego de cine” en Cotobade, no marco do programa “FalaRedes”
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, participou na actividade “Galego de cine”, programada no marco de “FalaRedes”.
Fonte: Xunta de Galicia
Valentín García participa en Ourense no encontro "Economía e identidade", organizado polo Foro Enrique Peinador
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no encontro “Economía e identidade”, organizado polo Foro Enrique Peinador en colaboración coa Deputación de Ourense. A iniciativa enmárcase na campaña “Empresas con identidade galega", que ten por finalidade dinamizar o uso da lingua galega no ámbito empresarial.
Fonte: Xunta de Galicia
A Confederación de Empresarios de Galicia pon a disposición do comercio soportes dixitais en galego para as rebaixas deste verán
O Servizo de Normalización Lingüística da Confederación de Empresarios de Galicia, co motivo do inicio da campaña de rebaixas, porá a disposición do comercio galego diferentes soportes dixitais en lingua galega para a devandita campaña.
Fonte: CEG
Preséntanse os resultados do Estudo Europeo de Competencia Lingüística no que participa a Universidade de Santiago de Compostela
A exposición e uso ambiental da lingua estranxeira en contextos non formais –como o consumo de produtos audiovisuais en versión orixinal– mellora a comprensión oral dos/as rapaces/zas, segundo se desbota do traballo realizado polos investigadores da Universidade de Santiago de Compostela implicados no Estudo Europeo de Competencia Lingüística (EECL).
Boletín
Subscríbase ao boletín