Galicia
Unha ferramenta galega para aprender idiomas supera as 50 000 descargas en Google Play
A versión gratuíta da aplicación Escucha y Aprende Inglés para Android conseguiu superar as 50 000 descargas, dato que deixa constancia do interese que atrae esta ferramenta.
Fonte: Código Cero
Cultura e Educación alcanza o centenar de actividades de dinamización lingüística nos concellos da rede con ‘FalaRedes’
O programa de dinamización lingüística “FalaRedes”, promovido pola Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüistica, acada as 108 actividades.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura e Educación e o Concello de Carral entregan o XV premio de poesía do municipio a Roi Vidal Ponte
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou na entrega do premio do XV concurso de poesía ‘Concello de Carral’ a Roi Vidal Ponte, pola súa obra Teatro.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación leva ás aulas de Xinzo de Limia a vida e a obra de Valentín Paz-Andrade a través dunha exposición multimedia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a levar a figura de Valentín Paz-Andrade aos centros educativos a través dunha exposición para lles achegar aos escolares a vida e a obra do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012.
Fonte: Xunta de Galicia
O último volume dos ‘Cadernos Ramón Piñeiro’ réndelle tributo a Valentín Paz-Andrade e a Celso Emilio Ferreiro
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou o novo volume da colección “Cadernos Ramón Piñeiro”.
Fonte: Xunta de Galicia
Ponse en marcha Kubus, unha revista-web sobre fútbol en lingua galega
O proxecto responde a unha demanda concreta: a dos lectores e lectoras galegas que desexan que se lles fale das cousas que lles interesan no seu idioma.
Fonte: Código Cero
A Consellería de Cultura e Educación e a Axencia EFE asinan un convenio de colaboración para a difusión da lingua galega

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e a representante da Axencia EFE, Ana Martínez, asinaron un convenio de colaboración para a difusión da lingua galega a través das noticias publicadas por esta axencia de comunicación.
Fonte: Xunta de Galicia
Valentín García participa na actividade de dinamización lingüística “Dentro dun conto”, dirixida aos máis pequenos
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou Ponteareas (Pontevedra) para asistir á actividade de dinamización lingüística dirixida aos máis pequenos “Dentro dun conto”.
Fonte: Xunta de Galicia
Bota a andar Imaxerali, web-comunidade en galego sobre o eido do motor
Imaxerali é unha nova páxina web en lingua galega que fai un percorrido fundamentalmente visual polas principais competicións de rally galegas e estatais.
Fonte: Código Cero
A Xunta de Galicia premia a creatividade amorosa en lingua galega
O certame de declaracións de amor na rede, convocado polas consellerías de Cultura e Educación e Traballo e Benestar -a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, respectivamente- con motivo da dobre celebración, o pasado 17 de maio, do Día das Letras Galegas e do Día de Internet, xa ten gañadores.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín