Galicia
Reclaman que os chantadinos poidan facer en galego todas as súas xestións no Concello
Os concelleiros nacionalistas queren que o Concello de Chantada se comprometa a garantir atención íntegra en idioma galego a todos os veciños que o demanden, tanto no que se refire á comunicación directa cos funcionarios como na entrega ou admisión de documentos por escrito.
Fonte: La Voz de Galicia
Cultura e Educación reúne na Cidade da Cultura de Galicia a 600 escolares de educación primaria para festexar a lingua galega
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, colabora na celebración da Festa da Lingua que promove anualmente a Federación de Relixiosos do Ensino en Galicia (Ferega-Ceca), que se celebra na Cidade da Cultura de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Estudantes de Sarria aproveitan o Camiño de Santiago para aprender idiomas

A continua trasfega de peregrinos polo municipio de Sarria chegados desde todas as partes do mundo foi concibido como unha ferramenta didáctica por centros educativos como o instituto Xograr Afonso Gómez, que programou unha actividade lingüística para que o seu alumnado aprenda idiomas ao amparo da ruta xacobea.
Fonte: El Progreso
A presenza do galego é minoritaria no circuíto non comercial de proxeccións audiovisuais
É coñecido que a presenza da lingua galega nas salas comerciais de cinema é minoritaria. No entanto, unha análise a partir dos datos de axenda do soportal AVG de Culturagalega.org amosa que esta lingua tampouco acada máis do que unha representación anecdótica nos circuítos alternativos.
Fonte: Culturagalega.org
Cultura e Educación recibe o alumnado que estuda galego en centros de secundaria de Cataluña no marco do proxecto Galauda
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación recibiu, no nome da Xunta de Galicia, o alumnado que estuda galego no IES Sant Just Desvern de Barcelona, de visita en Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación apoia a autora Rosalía Morlán no labor de arrincar un sorriso aos cativos enfermos coa poesía en galego
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiou a Rosalía Morlán na presentación de Estrelas de azucre, o seu último poemario, co que a autora, enfermeira de profesión, busca arrincar un sorriso ás cativas e cativos enfermos.
Fonte: Xunta de Galicia
O secretario xeral de Cultura anima os máis novos a seguiren interesándose polo galego na entrega do Frei Martín Sarmiento
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, animou os máis pequenos “a seguiren interesándose pola lectura en galego e a participaren na promoción da lingua propia de Galicia”.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación encheu a fin de semana de actividades para levar o galego a dez concellos a través de FalaRedes
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria impulsou unha decena de actividades gratuítas de dinamización lingüística na semana da ponte de maio.
Fonte: Xunta de Galicia
O fiscal superior de Galicia pídelle á Real Academia Galega que estenda a defensa do galego ao ámbito xurídico
O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, defendeu ante o presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luís Méndez Ferrín, a necesidade de que a institución "se proxecte por riba da literatura" para poder incidir na difusión da lingua en ámbitos como o xurídico.
Fonte: ABC
O pleno do Concello de Lugo aproba por unanimidade a ordenanza de uso do galego na Administración local
O pleno do Concello de Lugo aprobou por unanimidade unha ordenanza que regulará o uso da lingua galega no ámbito da Administración municipal.
Fonte: COPE
Boletín
Subscríbase ao boletín