Galicia
A Universidade de Vigo elaborou un estudo que recupera a toponimia do campus vigués
A falta de recuperación e protección dos nomes tradicionais en toda Galicia fixo que moitos deles estivesen a piques de perderse no esquecemento colectivo substituídos por termos artificiais ou inventados. A Vicerreitoría de Extensión Universitaria decidiu emendar erros do pasado facendo un estudo de recolleita e restauración do patrimonio toponímico do campus vigués da man de Iván Sestay, titulado da Facultade de Filoloxía e Tradución.
Fonte: Universidade de Vigo
O BNG acusa o Concello de Marín de prescindir do galego nas súas notificacións
O deputado do BNG Bieito Lobeira denuncia o incumprimento das leis galegas de normalización lingüística e da administración local ao expedir o consistorio notificacións oficiais que exclúen a lingua galega nas súas relacións cos veciños de Marín.
Fonte: ABC
Valentín García incide na conexión cultural e lingüística entre Galicia e Brasil
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, participou no acto literario ‘Neira Vilas e Rachel de Queiroz: dúas figuras universais’, organizado polo Concello de Melide.
Fonte: Xunta de Galicia
Xa están abertos os prazos de participación para os diversos concursos do Correlingua 2012
Un ano máis chega o Correlingua, o programa de dinamización lingüística que consiste no desenvolvemento de diversas actividades nos centros de ensino e que remata cunha festa final en 14 vilas galegas.
Fonte: CTNL
Preséntase o libro electrónico A planificación para a normalización lingüística nos centros de ensino non universitarios
En novembro de 2010 desenvolvéronse na Universidade de Santiago de Compostela as II Xornadas Educación e Linguas en Galicia dedicadas á planificación para a normalización lingüística nos centros de ensino non universitarios. Os diversos relatorios presentados nestas xornadas recóllense nun libro electrónico.
Bota a andar o novo diario dixital en galego Praza Pública
O novo diario dixital en galego Praza Pública bota a andar a súa primeira edición co obxectivo de “recuperar o espazo perdido polas cabeceiras” en galego no último ano e medio.
Fonte: El País
O secretario xeral de Política Lingüística loa o labor de Arturo Noguerol a prol da lingua e da cultura galegas
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, participou nun acto de homenaxe a Arturo Noguerol, galeguista e xurista ourensán que foi membro da Xeración Nós, das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos.
Fonte: Xunta de Galicia
Ponse en marcha Cilenis, unha empresa ligada á Universidade de Santiago de Compostela que está dedicada a servizos lingüísticos
Investigadores do grupo Procesamento da Linguaxe Natural (ProLNat) promoven Cilenis, firma de alicerce tecnolóxico e cunha importante aposta polo software libre cuxo principal obxectivo é o desenvolvemento de produtos baseados nos últimos avances na investigación do procesamento da linguaxe natural e a enxeñería lingüística.
Fonte: Código Cero
Nace a primeira revista en galego para iPad
O Cartafol é unha publicación gratuíta que se pode descargar desde a páxina web www.cartafol.gl. A partir do 1 de febreiro, xa está dispoñible en iPad e noutros formatos de tabletas electrónicas.
Fonte: Galicia Confidencial
Unha nova publicación da Universidade de Santiago de Compostela ensina español xogando coa fraseoloxía
O segundo volume dos Cuadernos de Español como Lengua Extranjera da Universidade de Santiago de Compostela acaba de ser presentado no Colexio de Fonseca. Nel ofrécese de maneira innovadora unha selección de 150 fraseoloxismos presentados arredor de dez unidades temáticas.
Boletín
Subscríbase ao boletín