Galicia

Un informe reflicte a reducida presenza da lingua galega nas redes sociais

O profesor da Universidade de Vigo Fernando Ramallo fixo un adianto dun informe que analiza a presenza do galego nas redes sociais, e que se publicará en abril. O estudo, encargado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, baséase en 1295 enquisas a estudantes de bacharelato, ciclos formativos e universidade, e quere servir como base para tomar decisións respecto á mocidade galega e as TIC.

Fonte: Código Cero

A Dirección Xeral de Xuventude de Galicia abre o prazo da convocatoria de cursos de idiomas no estranxeiro en 17 países

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, está a xestionar unha nova convocatoria de cursos de idiomas no estranxeiro para os mozos e mozas de entre 14 e 30 anos para este ano. En total, os participantes poderán optar a mellorar o seu idioma en 17 países diferentes.

Fonte: Xunta de Galicia

A Mesa pola Normalización Lingüística dálle os parabéns a Google por incluír a opción de galego en Google+

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de darlle os parabéns ao buscador Google pola inclusión da lingua galega no seu servizo Google+.

Fonte: Código Cero

O secretario xeral de Política Lingüística presenta a nova cabeceira do semanario “Terras de Santiago”

O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, participou no acto de presentación da nova cabeceira do semanario Terras de Compostela, co que comezará a editarse o ata de agora Tierras de Santiago, dando deste xeito un impulso ao galego nos medios de comunicación.

Fonte: Xunta de Galicia

Xa se pode descargar o Firefox 11 en galego

Nos servidores de Mozilla apareceron copias da versión final do Firefox 11 en galego nas súas versións para Windows, Mac OS X e Linux.

Fonte: Código Cero

Un paciente permanece 237 días en lista de espera por pedir documentos en galego

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou o caso dun paciente de Vigo que leva 237 días en lista de espera por unha operación ao esixir que a documentación relativa aos consentimentos informados estea escrita en galego.

Fonte: ABC

O Centro Tecnolóxico do Mar participa na elaboración dunha guía europea multilingüe de capacidades, competencias e ocupacións

Expertos do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR están a participar na elaboración dunha guía europea multilingüe de capacidades, competencias e ocupacións.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación presenta “Falaredes”, 250 actividades gratuítas para a Rede de Dinamización Lingüística

O secretario xeral de Política Lingüística presentou este novo programa de dinamización da lingua galega, que aspira a chegar ás máis de 750 000 persoas que conforman a poboación dos concellos que xa son membros da Rede de Dinamización Lingüística impulsada polo Goberno galego.

Fonte: Xunta de Galicia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula as bases dunhas oposicións ao 092 por excluír o coñecemento de galego

O Tribunal Superior anulou as bases da convocatoria de doce prazas para a Policía Local (092) porque non se incluía a esixencia de demostrar dominio da lingua galega por parte dos aspirantes.

Fonte: La Opinión de A Coruña

O Concello de Narón convoca un concurso de monólogos para o fomento da lingua galega

Este concurso, que ten como obxectivo promover o emprego da lingua galega nas novas tecnoloxías entre a cidadanía, consiste na gravación de monólogos, tanto en formato vídeo coma audio, que serán colgados na páxina web do Concello. As únicas condicións son que estean realizados en galego e en clave humorística.

Fonte: Concello de Narón

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder