Galicia

As deputacións da Coruña e de Pontevedra, e os concellos de Santiago e de Ferrol adhírense á Rede de Dinamización Lingüística

As deputacións provinciais da Coruña e de Pontevedra, e os concellos de Santiago de Compostela e de Ferrol suman o seu compromiso á promoción do galego desde o ámbito local coa súa incorporación á Rede de Dinamización Lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

Anxo Lorenzo solicita a colaboración dos colexios oficiais para promover a lingua galega desde o ámbito profesional

O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, recordou o papel fundamental que desempeñan os colexios oficiais para promover a lingua galega nos seus respectivos ámbitos profesionais.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia promove a aprendizaxe de linguas a través de protocolos con Alemaña e Francia

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria explicou que promove a adquisición de coñecementos lingüísticos a través de conversacións e un protocolo co municipio de Berlín e a Acádemie de Amiens, respectivamente.

Fonte: Galicia Hoxe

Os comercios de Lugo repartirán adhesivos en galego nos agasallos de Nadal

Un dos retos máis difíciles aos que se enfronta a lingua galega é a superación das limitacións dos campos de uso, restrinxidos ás veces ao doméstico, ao escolar ou ao administrativo. Por este motivo, a Área de Promoción da Lingua do Concello de Lugo quere difundir o emprego do galego en todos os ámbitos da vida e, coincidindo con esta época do ano, deseñou unha campaña aproveitando os agasallos de Nadal que promove o uso da lingua galega no sector do comercio.

Fonte: Concello de Lugo

A Estrada acollerá un partido a prol da lingua galega entre profesores e funcionarios

A quinta edición do Partido a prol da lingua galega enfrontará na Estrada a unha selección de mestres contra outra de persoal do concello.

Fonte: La Voz de Galicia

A Universidade de Santiago convoca novas edicións dos premios á excelencia e á calidade lingüística dos traballos académicos

As comisións de normalización lingüística de dezaseis centros da Universidade de Santiago de Compostela convocan unha nova edición dos premios á calidade e á excelencia lingüística co obxectivo de fomentar o uso do galego entre o estudantado, ligado ao espallamento da cultura da calidade.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Poñen en marcha unha campaña na rede para que Bing corrixa as deturpacións dos topónimos de Galicia

A CiberIrmandade proponlle á comunidade internauta galega facer fronte común arredor dunha causa específica: pedirlle a Microsoft, responsable de Bing, que corrixa a deturpación dos topónimos galegos.

Fonte: Código Cero

A investigación lingüística sobre o galego avanza con novas bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro

A Secretaría Xeral de Política Lingüística dará novos pasos en 2012 para impulsar a investigación sobre a lingua e a cultura galegas. Con este obxectivo levará a cabo unha convocatoria pública de oito bolsas de formación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).

Fonte: Xunta de Galicia

GalegoLab pecha o ano 2011 con 34 ideas a prol da lingua galega e máis de mil usuarios

A plataforma GalegoLab, dirixida a empregar a rede para a normalización da lingua galega, desenvolveu catorce proxectos grazas ao traballo dos membros da comunidade en liña: en total, 1015 internautas.

Fonte: Código Cero

Os versos de Celso Emilio Ferreiro enchen as rúas de Celanova para conmemorar o centenario do poeta

A Xunta de Galicia inicia en Celanova os actos de celebración do Ano Celso Emilio Ferreiro, coincidindo co centenario do seu nacemento. Cen poemas en Celanova constitúe a primeira iniciativa que desenvolverá o Goberno galego, en colaboración con diversas entidades, para celebrar esta efeméride.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder