Galicia
Máis de mil persoas subscriben un manifesto no que se pide xustiza para a lingua galega
Máis de mil persoas subscribiron o manifesto 'Queremos xustiza para a nosa lingua: non á criminalización na súa defensa!, co fin de trasladar o seu apoio ás persoas denunciadas polo xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandían, tras esixirlle que cumpra a Lei de normalización lingüística e respecte a toponimia.
Fonte: Galicia Hoxe
O 20 % dos docentes que a Xunta de Galicia forma en idiomas elixe alemán, italiano, árabe ou ruso
Máis do 20 % dos profesores do sistema educativo galego que recibe formación en idiomas para mellorar os seus coñecementos lingüísticos de cara á súa posterior aplicación nas aulas xa opta por novas linguas, como árabe ou ruso, e tamén alemán ou portugués.
Fonte: La Opinión
Tres centros de Ferrol incorporan un servizo de teletradución a 51 idiomas para mellorar a atención ás mulleres estranxeiras
Este servizo ten como obxectivo mellorar a atención ás mulleres inmigrantes, pois facilita a comunicación en 51 idiomas.
Fonte: Xunta de Galicia
Un estudo elaborado polo IES Pintor Colmeiro de Silleda alerta da perda de galegofalantes entre o seu alumnado
A xente nova emprega a lingua galega na casa, pero á hora de relacionarse cos amigos prefiren o castelán. É unha das conclusións que mostran as 275 enquisas elaboradas polo IES Pintor Colmeiro entre os seus alumnos para coñecer a realidade sociolingüística.
Fonte: Faro de Vigo
Un economista estima en 190 000 persoas a cota de mercado da lingua galega en internet
Dispoñer dunha estimación da cota do mercado de consumidores en lingua galega en internet é, segundo o economista Carlos Neira, "un dato básico para quen desenvolve proxectos dixitais no noso idioma e/ou plurilingües". Xa que logo, este coñecido investigador, especializado en análises sociopolíticas de Galicia, elaborou un documento no que explica que existen, aproximadamente, uns 189 825 lectores habituais de galego en internet.
Fonte: Culturagalega.org
As ferramentas lingüísticas de GalApps xa están dispoñibles para iOS
GalApps, a suite de aplicacións de lingua galega para Android, permite conxugar verbos en galego, buscar o significado de termos galegos e traducir textos do galego ao español, catalán, inglés ou francés, e viceversa. Agora, esta é a gran novidade, tamén se pode facer en dispositivos de Apple.
Fonte: Código Cero
A Xunta de Galicia e as universidades galegas avanzan nas actuacións de fomento do uso do galego no ámbito universitario
A Xunta de Galicia e as tres universidades galegas mantiveron unha xuntanza para seguir avanzando nas actuacións que desenvolven de maneira conxunta para fomentar o uso do galego no ámbito universitario.
Fonte: Xunta de Galicia
A Rede de Dinamización Lingüística impulsará a promoción do uso do galego desde o ámbito do deporte
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo un encontro institucional coa primeira tenente de alcalde do Concello de Vilagarcía de Arousa, Marta Rodríguez Arias, no que puideron compartir os intereses dos gobernos autonómicos e local a prol da extensión social da lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
O Centro de Información á Muller da Coruña incorpora un servizo de teletradución a 51 idiomas
O Centro de Información á Muller da Coruña incorpora un servizo de teledradución para mellorar a atención ás mulleres e vítimas de violencia de xénero inmigrantes, que ofrece sen custo a Secretaría Xeral de Igualdade, e facilitará a comunicación en 51 idiomas.
Fonte: Xunta de Galicia
Ábrese o prazo de matrícula dos cursos de linguaxe administrativa galega para o persoal da Administración autonómica
A Escola Galega de Administración Pública ofrece 33 cursos dos niveis medio e superior de linguaxe administrativa galega, tanto na modalidade presencial como de teleformación.
Fonte: EGAP
Boletín
Subscríbase ao boletín