Galicia

Os versos de Celso Emilio Ferreiro enchen as rúas de Celanova para conmemorar o centenario do poeta

A Xunta de Galicia inicia en Celanova os actos de celebración do Ano Celso Emilio Ferreiro, coincidindo co centenario do seu nacemento. Cen poemas en Celanova constitúe a primeira iniciativa que desenvolverá o Goberno galego, en colaboración con diversas entidades, para celebrar esta efeméride.

Fonte: Xunta de Galicia

Cinco centros de información á muller da provincia de Lugo estrean un servizo de teletradución a 51 idiomas

Cinco centros de información á muller da provincia de Lugo van incorporar un servizo de teletradución para mellorar a atención ás mulleres e vítimas da violencia de xénero inmigrantes, que ofrece sen custo a Secretaría Xeral da Igualdade. Trátase dos CIM de Burela, Viveiro, Ribadeo, Monforte de Lemos e Palas de Rei, que contarán cun innovador sistema de teletradución a 51 idiomas.

Fonte: Xunta de Galicia

En 2012 nacerán catro novos proxectos xornalísticos integramente en galego

En 2012 frutificarán catro proxectos xornalísticos que levan tempo xestándose: Sermos Galiza, Praza Pública, Dioivo e un novo medio que están impulsando ex traballadores de Xornal de Galicia.

Fonte: Galicia Confidencial

Política Lingüística premia cinco centros educativos polo seu traballo innovador en dinamización lingüística

A Secretaría Xeral de Política Lingüística premia cinco centros educativos de Galicia polo seu labor innovador en dinamización lingüística. Trátase do CPI Dr. López Suárez do Saviñao, do IES Félix Muriel de Rianxo, do IES Rodeira de Cangas, do IES Perdouro de Burela e do IES As Bizocas do Grove.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta mellora o servizo de videointerpretación para persoas xordas dispoñible no rexistro xeral e a través da súa web

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica está a mellorar o servizo de videointerpretación en lingua de signos para persoas xordas que se ofrece de xeito presencial no Rexistro Xeral da Xunta e das delegacións e a través do portal corporativo.

Fonte: Xunta de Galicia

A campaña a prol dos medios en galego consegue o seu primeiro éxito

A campaña a prol dos medios en lingua galega acaba de lograr o seu primeiro éxito. “Vitaminas para o galego” conseguiu recadar máis de 4000 euros a través de internet en menos dun mes dende a súa presentación.

Fonte: Galicia Confidencial

Nace o proxecto "As escollas electivas", un novo espazo virtual para os poetas en lingua galega

Os poetas de Galicia teñen un novo espazo autoxestionado onde dar a coñecer os seus traballos coa creación do blog As escollas electivas.

Fonte: Valmiñor.info

A Deputación da Coruña convoca subvencións para servizos de normalización lingüística dos concellos da provincia

A Deputación da Coruña publicou as bases reguladoras do programa de cooperación cos concellos da provincia da Coruña para a creación ou mantemento dos seus servizos de normalización lingüística durante o ano 2012.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Asociación PuntoGal presenta a candidatura para que a lingua e a cultura galegas teñan un dominio propio en internet

A Corporación de Internet para a Asignación de Nomes e Números (Icann) abre un novo período para que as cidades, territorios ou organizacións que o desexen soliciten ter un dominio propio en internet. A Asociación PuntoGal, co apoio da Secretaría Xeral de Modernización da Xunta, presentará a súa candidatura co obxectivo de facer realidade o .gal.

Fonte: La Opinión

Nace GalApps, un dicionario, conxugador de verbos e tradutor para Android

«Toda a lingua no teu peto». Así definen na súa web os creadores de GalApps as utilidades das aplicacións que deseñaron para Android e que en apenas dous meses conseguiron unhas 2500 descargas.

Fonte: La Voz de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder