Galicia

O Concello de Lugo emitirá recibos en castelán a quen o pida tras unha queixa cidadá

O concelleiro de Cultura, Turismo e Normalización Lingüística, Antón Bao, anunciou que o Concello de Lugo emitirá os recibos municipais en idioma castelán e de forma individual aos contribuíntes que os soliciten.

Fonte: El Progreso

A Rede de Dinamización Lingüística afonda en estratexias e recursos para fomentar o galego desde o ámbito local

Estratexias, experiencias e recursos para avanzar no fomento do galego desde o ámbito local protagonizan o I Seminario de formación permanente da Rede de Dinamización Lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

Anxo Lorenzo gaba o valor do certame Condado de Pallares por promover a investigación en galego e o estudo do idioma

O gañador do V certame de investigación en galego Condado de Pallares, Federico Vázquez de la Fuente, recibiu o seu premio pola obra As bandas de música no concello de Guntín. O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou no acto de entrega deste galardón, do que destacou o seu valor para a lingua galega.

Fonte: Xunta de Galicia

Un grupo de educación infantil gaña o concurso de presentacións electrónicas de Nadal

O traballo dun grupo de educación infantil acadou o primeiro premio do concurso de presentacións de Nadal 2011 que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

Dez medios únense para concienciar a sociedade da importancia da comunicación en galego

No marco da feira Terractiva, en Arzúa, presentouse a campaña "Vitaminas para o galego". Dez medios de comunicación nesta lingua participan neste proxecto que quere concienciar a sociedade da importancia de contar con medios en galego.

Fonte: Culturagalega.org

Lanzan a aplicación TradutorGalego para Android

O equipo creador do ConxuGalego e o DicionarioGalego ten entre mans unha nova aplicación que dar a coñecer. Trátase da aplicación TradutorGalego para Android, unha ferramenta que permite traducir textos do galego ao español, catalán, inglés ou francés, e viceversa.

Fonte: Código Cero

Este Nadal sae á venda o primeiro gran dicionario bilingüe inglés-galego

2.0 Editora presenta o Dicionario Moderno Inglés-Galego, unha ferramenta imprescindible para o acceso a outras culturas, a aprendizaxe do inglés, o afondamento en coñecementos xa adquiridos, ou o dominio da lingua inglesa desde a semántica do galego.

Fonte: 2.0 Editora

Seis centros de información á muller da área de Vigo estrean un servizo de teletradución a 51 idiomas

Os Centros de Información á Muller de Vigo, Redondela, Soutomaior, O Porriño, Gondomar e Moaña van incorporar un innovador servizo de teletradución a 51 idiomas, ofrecido sen custo pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Xa se pode descargar o Firefox 9.0 en galego

Xa é posible descargar dos servidores da Fundación Mozilla as distintas versións en galego desta aplicación para Windows, Mac OS X e Linux.

Fonte: Código Cero

Os empresarios reivindican o galego na entrega dos Premios Manuel Beiras

Arredor dun cento de persoas se xuntaron na Cámara de Comercio de Santiago no acto de entrega dos Premios Manuel Beiras, que distinguen as firmas e profesionais que sobresaen no uso e promoción do galego.

Fonte: El Correo Gallego

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder