Galicia
Triúnfa nas redes sociais un vídeo musical en defensa do galego realizado polo alumnado do centro escolar de Cea
Un lipdub (un vídeo musical no que os protagonistas fan playback mentres soa a música nun reprodutor móbil dunha canción popular e que é costume realizar nunha soa toma) feito no CPI Virxe da Saleta de Cea a finais do pasado curso en defensa do galego está triunfando nas redes sociais.
Fonte: La Voz de Galicia
Un ensaio do profesor Sánchez Rei reaviva antigos debates sobre a lingua galega
O profesor da Universidade da Coruña Xosé Manuel Sánchez Rei reforza con argumentos sólidos a réplica a preconceptos sobre o galego no ensaio Lingua galega e variación dialectal, que acaba de publicar Laiovento.
Fonte: El País
Estudantes de Filoloxía Galega visitan a Secretaría Xeral de Política Lingüística para completar a súa formación académica
Alumnos e alumnas de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela visitaron a Secretaría Xeral de Política Lingüística para completar a súa formación académica na materia que están a cursar sobre Planificación sociolingüística da lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
Anxo Lorenzo pon en valor o traballo que desenvolven os servizos lingüísticos locais para fomentar o uso do galego
“Os servizos lingüísticos locais levan a cabo un labor fundamental no fomento do uso e do prestixio do galego, tanto no ámbito interno dos concellos como no seu contorno social”. Así o afirmou o responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, que destacou a intención do seu departamento de “continuar apoiando o seu mantemento e as actividades que realizan”.
Fonte: Xunta de Galicia
Estudantes da provincia de Ourense achéganse á obra de Lois Pereiro e Neira Vilas a través de dúas exposicións
Alumnos e alumnas da provincia de Ourense teñen estes días a oportunidade de se achegaren á obra e á vida de dous destacados escritores da literatura galega: Lois Pereiro, poeta homenaxeado en 2011 no Día das Letras Galegas, e Xosé Neira Vilas, autor da obra literaria máis lida en galego, Memorias dun neno labrego.
Fonte: Xunta de Galicia
A empresa de telecomunicacións R incorpora un servizo para facilitar a comunicación entre persoas xordas e oíntes
A empresa de telecomunicación R incorporou un servizo á súa páxina web (bildtec.mundo-r.com) para facilitar a comunicación entre persoas xordas e oíntes. Consiste nun intérprete a través de videoconferencia que se activa automaticamente e de maneira gratuíta. O seu funcionamento é sinxelo e non require de aprendizaxe previa. Componse de dúas pantallas táctiles, unha para cada interlocutor, a través dun servizo de intérprete de lingua de signos.
Fonte: El País
Dúas reedicións facsimilares da histórica revista "Lar" recuperan a obra en galego de Wenceslao Fernández Flórez
Dúas reedicións facsimilares da histórica revista Lar, publicada entre 1924 e 1926, recuperan a obra en galego do escritor Wenceslao Fernández Flórez.
Fonte: Xunta de Galicia
O Premio Luísa Villalta recoñece o esforzo a prol da normalización lingüística dos centros do campus de Lugo
Nesta última convocatoria do VIII Premio Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras o xurado premiou ex aequo, na modalidade de ideas de promoción do galego, as comisións de normalización dos centros universitarios do campus lugués polo seu traballo ‘Proxéctate en GALEGO’ e ao estudante da Universidade da Coruña Alejandro Gradaílle por ‘O poder das palabras’.
Xa está dispoñible en Android Market un dicionario de galego para usar no teléfono móbil
O Dicionario Galego, que está dispoñible no Android Market, é unha nova ferramenta que permite a busca no dicionario de calquera termo en galego que recolla o Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) na súa versión de 1997, aínda que os seus creadores están a traballar para poñer en funcionamento unha versión que traballe segundo as definicións do DRAG de 2003, o último.
Fonte: Código Cero
A Mesa pola Normalización Lingüística esíxelle á Axencia Tributaria que use o galego co público
A Mesa pola Normalización Lingüística solicitoulle formalmente á delegación territorial da Axencia Tributaria de Santiago que atenda o público en idioma galego.
Fonte: La Voz de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín