Galicia

Unha nova publicación do Centro Ramón Piñeiro recupera o labor e a figura do intelectual Fernando Pérez-Barreiro Nolla

Recuperar a figura do intelectual Fernando Pérez-Barreiro Nolla e contribuír ao recoñecemento da súa traxectoria vital e profesional a prol da cultura e da lingua galegas. Estes son os principais obxectivos que moveron a obra Cadernos Ramón Piñeiro (XIX). Homenaxe a Fernando Pérez-Barreiro Nolla.

Fonte: Xunta de Galicia

Atópase un manuscrito que permitirá coñecer mellor a lingua galega dos Séculos Escuros

A Crónica de Santa María de Iria é un manuscrito medieval que dá conta da historia do fenómeno xacobeo desde o trasalado dos restos do apóstolo. Hai cousa mais dun ano, apareceu na Biblioteca Nacional unha curiosa versión desta obra, unha copia realizada no século XVIII por un galego. Este achado permitirá coñecer mellor o galego dos Séculos Escuros ao tempo que pón de relevo os conflitos da sé compostelá da época.

Fonte: Culturagalega.org

Nove universidades españolas e estranxeiras iniciarán o curso académico 2011-2012 cun novo profesor lector de galego

Un total de nove lectorados de galego de universidades de España, Italia, Alemaña e Portugal iniciarán o curso académico 2011-2012 cun novo profesor lector de lingua, literatura e cultura galegas. A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de facer pública a adxudicación destas nove prazas convocadas mediante Orde do 15 de abril de 2011.

Fonte: Xunta de Galicia

Nace Vencello, a primeira rede temática de blogs en lingua galega

Un grupo de mozos galegos vén de unir as súas forzas para poñer en marcha Vencello, a primeira rede temática de blogs en lingua galega, que xorde a partir da unión de diversos espazos xa existentes en internet e doutros novos creados ex profeso, que tentan cubrir un amplo abano de temas co punto en común de estaren escritos en galego.

Fonte: TIC Galicia

Unha publicación reúne máis de 2000 termos da xerga dos canteiros

O libro, que leva por título O vervo xido. A fala secreta dos canteiros de Cerdedo, é un manual que reúne máis de 2000 termos da xerga dos canteiros coa finalidade de guiar a todos os profesionais do oficio interesados en aprendela. Aínda que xa hai outras publicacións semellantes, a novidade que inclúe esta obra é que as palabras veñen ordenadas por campos semánticos, o que facilita a súa aprendizaxe.

Fonte: Faro de Vigo

A ONCE amplía a oferta de recursos educativos en galego para persoas con discapacidade visual

A Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) está a ampliar a oferta de recursos educativos dispoñibles en lingua galega para as persoas cegas e con discapacidade visual, coa colaboración da Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

O legado de Ramón Piñeiro a prol da lingua e da cultura galegas segue vivo vinte e un anos despois do seu pasamento

Máis de dúas décadas despois do seu pasamento, o legado de Ramón Piñeiro a prol da recuperación da lingua e da cultura galegas segue hoxe vivo. O filósofo e galeguista contribuíu a impulsar múltiples proxectos políticos, editoriais, literarios ou xornalísticos.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello de Narón organiza en setembro un curso de galego no comercio e outro de linguaxe administrativa

O Concello de Narón, a través do Servizo de Normalización Lingüística, vén de convocar tres cursos de lingua galega, que se desenvolverán no mes de setembro de 2011 co fin de mellorar a competencia lingüística e comunicativa da cidadanía. Trátase dun curso de galego no comercio, outro de linguaxe administrativa e, por último, un de sexismo na linguaxe.

Fonte: Concello de Narón

O Word para Mac OS X terá corrector de galego

A nova versión do corrector lingüístico Galgo, da empresa Imaxín Software, estará dispoñible proximamente. Esta nova versión implementarase nas aplicacións ofimáticas Office 2003, 2007, 2010 e, por primeira vez, no contorno de Apple, tamén no Word para Mac.

Fonte: Código Cero

Anxo Lorenzo reúnese cos novos lectores que difundirán o galego en universidades españolas e estranxeiras

Os novos profesores lectores de galego visitaron a Secretaría Xeral de Política Lingüística, onde se reuniron co responsable deste departamento da Xunta, Anxo Lorenzo.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder