Galicia

O galego participa na IV Conferencia ALTE, referente europeo na avaliación de coñecemento de linguas

O idioma galego estará presente na IV Conferencia Internacional de ALTE, a Asociación de Avaliadores de Linguas en Europa (Association of Language Testers of Europe).

Fonte: Xunta de Galicia

As tres universidades galegas convocan o Premio Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras

O Premio Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras outorgará 3.000 euros a quen deseñe a mellor campaña de normalización e 1.500 euros a quen teña a mellor idea para a promoción do galego.

Fonte: CTNL

A delegación da Xunta de Galicia en Ourense incorpora o servizo de videointerpretación para persoas xordas

A delegación da Xunta de Galicia en Ourense incorporou o «servizo de videointerpretación para persoas xordas», o que lle permitirá ao colectivo de persoas con discapacidade auditiva da provincia realizar as súas xestións ante o rexistro xeral da delegación sen ter que acudir obrigatoriamente cun intérprete da lingua de signos.

Fonte: La Voz de Galicia

Novos concellos amosan o seu interese por colaborar coa Xunta de Galicia na promoción da lingua galega

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, visitou os concellos pontevedreses de Cangas e de Redondela co fin de valorar cos seus alcaldes novas vías de cooperación para promover o uso do galego desde o ámbito local.

Fonte: Xunta de Galicia

A Universidade de Santiago de Compostela inaugura os cursos de lingua e cultura españolas para estudantes estranxeiros

Catrocentas persoas de corenta nacionalidades distintas participarán este mes de xullo nos cursos de verán de lingua e cultura españolas para estudantes estranxeiros e de formación para profesores de español como lingua estranxeira que organiza Cursos Internacionais da USC.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A Consellería de Educación e a Fundación Rosalía de Castro ratifican a súa colaboración na promoción da lingua galega

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Rosalía de Castro veñen de ratificar a súa colaboración para fomentar o uso do galego a través da literatura, na semana en que se cumpren 126 anos do pasamento da escritora.

Fonte: Xunta de Galicia

A Rede de centros plurilingües de Galicia integrará o vindeiro curso a máis de 100 colexios e institutos

A Rede de centros plurilingües de Galicia estará formada o vindeiro curso por máis dun cento de centros educativos de primaria e secundaria nos que se poderá impartir ata un terzo do horario lectivo nunha lingua estranxeira.

Fonte: Xunta de Galicia

Anxo Lorenzo participa nos encontros do Foro Enrique Peinador, que poñen en valor o compromiso das empresas co galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou no encontro Empresa e Identidade, que busca poñer en valor o compromiso das empresas coa lingua galega.

Fonte: Xunta de Galicia

A Secretaría Xeral da Emigración convoca cursos preparatorios de lingua galega nos centros galegos do exterior

A Secretaría Xeral da Emigración convoca cursos preparatorios de lingua galega para os niveis Celga e de extensión cultural, que se realizarán nos centros galegos do exterior e nas cidades onde exista unha importante demanda no coñecemento da lingua galega.

Fonte: Xuventude

O galego retrocede como idioma de lectura no primeiro semestre de 2011

O 4 % da poboación lectora española que le en máis dunha lingua escolle o galego como idioma de lectura de xeito habitual ou ocasional por detrás do castelán, inglés, catalán e francés.

Fonte: Culturagalega.org

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder