Galicia

A Rede de Dinamización Lingüística organiza as primeiras accións formativas para os seus técnicos

A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza nas próximas semanas as primeiras accións formativas da Rede de Dinamización Lingüística. Trátase de dous seminarios dirixidos aos técnicos das entidades que actualmente están adheridas á Rede: 83 concellos e tres mancomunidades, ademais do Consello da Cultura Galega.

Fonte: Xunta de Galicia

Escolares das comarcas de Terra de Celanova e Baixa Limia celebran un encontro pola normalización da lingua galega

Arredor de 270 alumnos dos colexios de educación primaria, secundaria e bacharelato de Bande, Cartelle, Celanova, Entrimo, Lobios ou Ramirás participaron no I Encontro escolar pola normalización da lingua galega en Terra de Celanova–Baixa Limia.

Fonte: La Región

Convocan en Ferrol o primeiro concurso de traballos académicos en galego

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, en colaboración coas comisións de normalización existentes na Escola Politécnica Superior e a Escola Universitaria Politécnica do campus de Ferrol, puxo en marcha unha iniciativa coa que queren contribuír á dinamización e difusión do uso do galego nos contextos científico e técnico.

Fonte: Diario de Ferrol

O Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela ofrece cursos intensivos de idiomas

O Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago ten aberto o prazo de matrícula para inscribirse nos cursos de verán intensivos de idiomas, pensados sobre todo para os alumnos que o curso próximo teñen prevista unha estancia no estranxeiro no marco dalgúns dos programas de intercambio universitario, aínda que non é exclusivo para eles.

Fonte: El Progreso

O programa de dinamización lingüística Bocaberta premia o talento dos máis novos nas Letras Galegas

O programa de dinamización lingüística Bocaberta premia o talento dos máis novos nas Letras Galegas a través do concurso de microrrelatos da actividade A guerra das bruxas, que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Editorial Rodeira.

Fonte: Xunta de Galicia

A editorial virtual Meubook publica o Dicionario fraseolóxico bilingüe castelán-galego

A editorial virtual Meubook (http://www.meubook.com) vén de publicar o Dicionario fraseolóxico bilingüe castelán-galego, a meirande obra de fraseoloxía comparada da península ibérica, cun corpo de máis de 8500 expresións, frases feitas e xeitos de dicir en lingua castelá e ao redor de 25000 en galego.

Fonte: Galicia Hoxe

O sector dos traballadores autónomos implícase na extensión da lingua galega no ámbito socioeconómico

O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e representantes da directiva da Federación de Autónomos de Galicia (Feaga) veñen de manter un encontro no que tiveron ocasión de analizar os termos do convenio subscrito polas dúas entidades en 2011.

Fonte: Xunta de Galicia

Carballo, Cabana, Malpica, Ponteceso e Zas editan unha guía con propostas de lecer en galego para rapaces e rapazas

Os Servizos de Normalización Lingüística dos Concellos de Carballo, Cabana, Malpica, Ponteceso e Zas continúan colaborando no desenvolvemento de accións para a promoción do galego. Desta volta coa edición de "Un verán de lecer", unha guía con propostas de lectura, música, banda deseñada e xogos para o lecer do alumnado destas comarcas durante o verán.

Fonte: Concello de Carballo

A Xunta de Galicia afirma que apoia e potencia o ensino do galego na diáspora

O expresidente da Irmandade Galega de Venezuela, Eduardo Meilán, manifestou o seu temor a que a crise poña en perigo a aprendizaxe do galego entre os emigrantes residentes nese país.

Fonte: La Voz de Galicia

O profesorado colaborador de Política Lingüística fórmase para titorizar os primeiros cursos en liña de linguaxes específicas

A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza unhas xornadas para capacitar o seu profesorado colaborador na titorización dos primeiros cursos en liña de linguaxes específicas.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder