Galicia

Alumnado de educación secundaria de Barcelona tende novas pontes entre as linguas galega e catalá

Alumnos e alumnas de educación secundaria que estudan galego en Cataluña grazas ao proxecto Galauda atópanse esta semana en Galicia para completar a súa actividade académica.

Fonte: Xunta de Galicia

Varios concellos da Costa da Morte crean unha guía para difundir o uso do galego na rede

Os Concellos de Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas poñen en marcha unha iniciativa en favor do galego, a guía Os meus favoritos. Trátase dun catálogo que recolle preto de 200 enderezos de sitios web en galego de ámbitos como a banda deseñada, o deporte, o audiovisual, a cultura, a mocidade, as redes sociais, os xogos...

Fonte: Código Cero

Máis de 80 concellos xa apostan por coordinar coa Xunta as súas actuacións de dinamización da lingua galega

Un total de 85 entidades xa forman parte da Rede de Dinamización Lingüística, unha iniciativa coa que a Xunta de Galicia busca promover a coordinación das actuacións de fomento do uso do galego desde o ámbito municipal e aumentar a efectividade destas.

Fonte: Xunta de Galicia

Lois Pereiro chega aos centros educativos a través do Concurso-Exposición Letras Galegas 2011

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, entregaron os premios do Concurso-Exposición Letras Galegas 2011, que este ano recaeron no CEIP de Laredo, en Redondela, e na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

A lingua galega e o inglés estreitan lazos a través dos estudantes do instituto Cañada Blanch de Londres

Alumnos e alumnas que estudan lingua e cultura galegas no IE Cañada Blanch de Londres participan estes días nun programa de estadía en Galicia que ten como obxectivo prioritario servir de reforzo á súa actividade académica nesta materia.

Fonte: Xunta de Galicia

Vegalsa-Eroski e Política Lingüística conmemoran o Día das Letras Galegas con diverso material sobre Lois Pereiro

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a empresa Vegalsa-Eroski conmemoran o Día das Letras Galegas a través dunha campaña conformada por centos de carteis e 200.000 postais sobre o escritor homenaxeado este ano, Lois Pereiro, que se difundirán desde os establecementos cos que conta a empresa en Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

As tecnoloxías e a lingua galega únense nunha xornada para celebrar o dobre festexo do 17 de maio

A Secretaría Xeral de Política Lingüística celebra a dobre festividade do 17 de maio, Día das Letras Galegas e Día de Internet, cunha xornada na que se presentarán diversos recursos en tecnoloxía lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

O programa Bocaberta chega á súa fin con múltiples actividades de dinamización lingüística para a mocidade

O programa Bocaberta 2010-2011 da Secretaría Xeral de Política Lingüística celebra nesta semana das Letras Galegas os seus últimos días de actividades dirixidas a promover o uso do galego entre os rapaces e rapazas de 3 a 18 anos.

Fonte: Xunta de Galicia

O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela conmemora o seu 40 aniversario

Corenta son os anos que o Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago leva dedicados ao estudo e promoción do galego. Numerosos proxectos, publicacións e iniciativas, algunhas delas decisivas, dan conta do traballo iniciado a comezos dos anos 70 por un grupo de investigadores liderado polo catedrático de Filoloxía Románica Constantino García.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A literatura reafirma a súa potencialidade para favorecer a difusión e a promoción social da lingua galega

A Secretaría Xeral de Política Lingüística aposta pola potencialidade das letras galegas para impulsar a difusión e a promoción social do idioma propio de Galicia. Para isto, conta coa colaboración de entidades que son un referente neste ámbito, como é o caso do PEN Club de Galicia e da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder