Galicia

A lingua galega conecta coas últimas tendencias do cine documental a través do festival internacional Play-Doc

A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora co Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc, na promoción do uso do galego.

Fonte: Xunta de Galicia

A maxia e a música serán algúns dos ingredientes principais das próximas propostas de dinamización lingüística de Bocaberta

Maxia, música e banda deseñada: estes son os principais ingredientes da programación que ten preparada para esta semana Bocaberta, o programa de dinamización do uso do galego que a Secretaría Xeral de Política Lingüística dirixe aos mozos e mozas de 3 a 18 anos.

Fonte: Xunta de Galicia

Política Lingüística aposta pola formación en liña para impulsar a aprendizaxe do galego entre a poboación adulta

A Secretaría Xeral de Política Lingüística iniciou os cursos en liña preparatorios para as probas de certificación de lingua galega no nivel Celga 1.

Fonte: Xunta de Galicia

Anxo Lorenzo inaugura en Lugo o VI Seminario de Dinamización Lingüística, que tamén se realiza esta semana na Coruña e en Vigo

O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, inaugurou en Lugo o VI Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino, unha iniciativa que “busca favorecer o intercambio e a posta en común de proxectos de fomento do uso do galego que se están a desenvolver desde o ámbito educativo”, asegurou o secretario xeral.

Fonte: Xunta de Galicia

Tres videomatóns recollerán as opinións da comunidade universitaria de Santiago de Compostela sobre a situación do galego

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación está a organizar tres sesións de videomatón, nas que se recollerán as opinións da comunidade universitaria sobre a situación da lingua galega.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A plataforma Prolingua inicia unha campaña para que o centro comercial Marineda City use o galego na súa comunicación

A plataforma de defensa da lingua galega Prolingua iniciou unha campaña de sensibilización para que os promotores do centro comercial Marineda City da Coruña empreguen o galego na súa comunicación.

Fonte: A Nosa Terra

O Certame OUFF Escola contribúe a fomentar o uso da lingua galega entre a mocidade a través do audiovisual

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Consorcio do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense (OUFF) e a Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Ourense presentaron a terceira edición do Certame de Cinema OUFF Escola, unha iniciativa que se enmarca no XVI Festival de Cine Internacional de Ourense.

Fonte: Xunta de Galicia

A investigación sobre o galego recibe un novo pulo a través de bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro

A Secretaría Xeral de Política Lingüística promove a investigación sobre lingua galega a través da convocatoria de bolsas de formación en proxectos que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Fonte: Xunta de Galicia

O tradutor Opentrad incorpora novas funcionalidades na súa última actualización

O servizo vía web Opentrad, capaz de traducir textos en galego, español, portugués, inglés, francés e catalán de xeito automático, incorpora unha nova funcionalidade consistente na tradución de documentos en distintos formatos (.DOC, .DOCX, .PPTX, .XLSX, .ODT, .HTML, .XML e .TXT) mantendo o formato e estilo orixinais.

Fonte: Código Cero

Xa está dispoñible o primeiro lector de libros electrónicos en galego

O lector de libros electrónicos bq Avant de Mundo Reader acaba de recibir unha actualización do seu firmware que o sitúa como o primeiro que ofrece galego, catalán e vasco como idiomas de usuario.

Fonte: Asociación Galega de Editores

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder