Galicia
Os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística repasan en vídeo os seus 20 anos
O pasado 5 de xuño a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística celebraba en Compostela os vinte anos de existencia destas entidades. Agora, na súa canle de Youtube, esta plataforma publicou tres vídeos nos que fai un repaso polas actuacións que se desenvolveron neste tempo.
Fonte: Culturagalega.org
O .gal, o dominio para a lingua e a cultura galegas, prevé presentar a súa candidatura a comezos de 2012
A ICANN, o ente que organiza os enderezos de internet, aprobou o lanzamento do proceso de candidaturas para novos dominios. Isto significa que probablemente o Puntogal (.gal), o dominio para a lingua e a cultura galegas, poderá presentarse a exame no primeiro cuadrimestre de 2012.
Fonte: Asociación PuntoGal
Un proxecto que une recursos lingüísticos e novas tecnoloxías gaña o premio para emprendedores da Universidade de Santiago
Os recursos e ferramentas lingüísticas concretas que, complementadas con aplicacións informáticas, dean lugar a motores de busca en corpus lingüísticos é a idea de negocio da spin off Cilenis, gañadora do primeiro premio do XI Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da Universidade de Santiago de Compostela.
Os centros plurilingües de Santiago de Compostela notan melloras no nivel de idiomas
Para os catro centros plurilingües recoñecidos este curso en Santiago de Compostela por Educación a experiencia resultou «fabulosa», «moi positiva», e «os pais están encantados».
Fonte: La Voz de Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística pídelle ao novo alcalde da Coruña que non recupere o topónimo en castelán
O voceiro da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, repetiulle a petición do seu colectivo ao alcalde da Coruña, Carlos Negreira, para que non cumpra cunha das súas promesas electorais estrela, a recuperación do topónimo castelán.
Fonte: La Voz de Galicia
Tui conmemora o primeiro acto público celebrado integramente en galego hai 120 anos nos Xogos Florais
A Concellería de Cultura de Tui conmemora o 120 aniversario da celebración na cidade dos Xogos Florais de Galicia, que tiveron lugar do 24 ao 26 de xuño do ano 1891 e que marcan un singular fito na historia de Galicia, ao ser o primeiro acto público celebrado integramente en lingua galega.
Fonte: Galicia Hoxe
Política Lingüística publica a nova orde que actualiza os contidos de formación en linguaxe administrativa e xurídica galegas
A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de facer pública a nova orde pola que se regulan os cursos de linguaxes administrativa e xurídica galegas, de nivel medio e superior, dirixidos principalmente a mellorar a capacitación lingüística das traballadoras e dos traballadores públicos.
Fonte: Xunta de Galicia
O poeta e catedrático de Lingua Galega Ramón Lorenzo recibiu o Premio Trasalba en recoñecemento da súa defensa do galego
A Fundación Otero Pedrayo homenaxeou o poeta e catedrático de Lingua Galega Ramón Lorenzo co XXIX Premio Trasalba, que recoñece unha vida e un traballo dedicado á defensa do idioma galego.
Fonte: Europa Press
A capacitación lingüística en galego da cidadanía avanza da man das novas tecnoloxías
A Xunta de Galicia xa dispón dunha nova modalidade de formación para mellorar a capacitación lingüística en galego do persoal ao servizo das administracións públicas. Trátase dos primeiros cursos en liña de linguaxe administrativa e xurídica galegas.
Fonte: Xunta de Galicia
Desaparece 'Galicia Hoxe', o único diario impreso en lingua galega
Xa non hai ningún diario impreso escrito en galego. O martes día 28 de xuño chega aos quioscos o último dos 2943 números de Galicia Hoxe, a cabeceira que, desde o 17 de maio de 2003, mantiña na rúa o Grupo Correo Gallego.
Fonte: El País
Boletín
Subscríbase ao boletín