Galicia
O Premio Abrente de Textos Teatrais imprímelle un novo impulso á creación dramática en galego
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou na presentación do VI Premio Abrente para Textos Teatrais no Centro Comarcal do Ribeiro, no concello ourensán de Ribadavia.
Fonte: Xunta de Galicia
Os teléfonos móbiles do Parlamento de Galicia terán servizo en galego

A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, comprometeuse nun encontro co representante da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, a incluír a atención en galego como un requisito para a que sexa a próxima concesionaria de telefonía móbil na Cámara do Hórreo.
Fonte: Galicia Hoxe
A plataforma Prolingua remítelle unha carta aberta ao presidente da Xunta de Galicia en defensa da Lei de normalización
Prolingua, a plataforma "apartidaria e plural" en defensa da lingua galega, vén de entregar no Rexistro Xeral da Xunta unha "carta aberta" dirixida ao presidente, Alberto Núñez Feijóo, co obxectivo de reclamarlle que a Lei de normalización lingüística de 1983 non sexa reformada.
Fonte: Xornal.com
Anxo Lorenzo incide na aposta polo traballo coordinado cos concellos para promover o uso do galego desde o ámbito local
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, incidiu no “traballo coordinado e colaborativo cos concellos para impulsar o fomento do uso social do galego desde o ámbito local”.
Fonte: Xunta de Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística reclama que o centro comercial Marineda City empregue o galego
A Mesa pola Normalización Lingüística uniuse á queixa de varios colectivos e mais da xornalista Julia Otero polo nulo uso do galego por parte do centro comercial Marineda City.
Fonte: Xornal.com
Política Lingüística quere contar coas mancomunidades de municipios para o fomento social do galego desde o ámbito local
A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de dirixirse ás máis de trinta mancomunidades de municipios de Galicia para achegarlles información sobre a Rede de Dinamización Lingüística, unha iniciativa coa que a Xunta de Galicia busca avanzar na coordinación e no impulso das actuacións en materia de dinamización da lingua galega en colaboración coas entidades locais.
Fonte: Xunta de Galicia
O inglés supera o galego como idioma das teses de doutoramento que se fan na Universidade de Santiago de Compostela
O inglés supera o galego como idioma das teses de doutoramento que se fan na Universidade de Santiago, pero segue aínda lonxe da rotunda maioría que posúe o castelán, con algo máis do 64% do total. Con todo, o galego rabuñou nos últimos vinte anos unha presenza de seis puntos, ata acadar o 13,78%.
Fonte: Galicia Hoxe
Medio centenar de centros de ensino galegos xa teñen materias completamente en inglés
En Galicia existen 52 centros plurilingües que asumiron impartir materias nun terceiro idioma a raíz do Decreto do plurilingüismo que a Consellería de Educación aprobou hai un ano.
Fonte: El País
A plataforma Queremos Galego convoca unha festa pola lingua en Santiago de Compostela
Baixo o lema "O galego é a chave coa que abrimos o mundo" a plataforma Queremos Galego convoca para o vindeiro 30 de abril un acto de celebración a prol da lingua galega en Santiago de Compostela.
Fonte: Culturagalega.org
Investigadores do Instituto da Lingua Galega coordinan un proxecto internacional para crear un tesouro de léxico patrimonial
O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (ILG) colabora con centros de investigación de universidades portuguesas e brasileiras na creación dun tesouro léxico que permitirá obter información sobre o significado, uso e distribución xeográfica de voces patrimoniais de galego, portugués europeo e portugués do Brasil.
Boletín
Subscríbase ao boletín