Galicia

Unha mostra analiza a historia da lingua galega e os dereitos lingüísticos

A exposición itinerante A Lingua Galega. Historia e Dereitos Lingüísticos, organizada pola Deputación da Coruña, permanecerá no municipio de Oleiros ata o vindeiro 14 de maio.

Fonte: La Opinión

A Consellería de Educación formará o alumnado para obter a certificación en linguas estranxeiras no marco do programa CUALE

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria formará a partir do vindeiro curso o alumnado de centros sostidos con fondos públicos que desexen obter unha certificación oficial do seu coñecemento de linguas estranxeiras.

Fonte: Xunta de Galicia

Bocaberta propón unha semana de maxia e banda deseñada en galego para celebrar as 700 actividades do programa

O programa de dinamización lingüística Bocaberta proponlle á xente miúda unha semana co mellor da maxia e da banda deseñada en galego.

Fonte: Xunta de Galicia

O IES Fraga do Eume convida o secretario xeral de Política Lingüística a participar na Semana das Letras Galegas do centro

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou na Semana das Letras Galegas que organiza o IES Fraga do Eume, unha iniciativa coa que este centro educativo de Pontedeume se suma á conmemoración do 17 de maio. Fíxoo cun relatorio para o alumnado de bacharelato e 4º da ESO, onde tivo ocasión de falarlles aos estudantes da situación actual da lingua galega.

Fonte: Xunta de Galicia

Vegalsa-Eroski e Política Lingüística colaboran na incorporación da lingua galega ao ámbito socioeconómico

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a empresa Vegalsa-Eroski anunciaron a vontade das dúas entidades de colaborar na incorporación do uso do galego ao ámbito socioeconómico.

Fonte: Xunta de Galicia

O Correlingua arrincou en Santiago de Compostela cunha xornada na que participaron arredor de 4000 rapaces

Arredor de catro mil rapaces participaron na xornada inaugural de Correlingua, que acolleu Santiago de Compostela. Calcúlase que ao cabo do ciclo, previsto ata o 13 de maio, arredor duns 45.000 escolares secunden a iniciativa, destinada a reivindicar o uso da lingua galega no ensino.

Fonte: Galicia Hoxe

O profesorado de infantil dispón de novos materiais para traballar a competencia lingüística en galego do alumnado

O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou tres curtas de animación coas que a secretaría xeral pretende facilitarlle novos recursos ao profesorado de infantil para traballar a competencia lingüística en galego do alumnado.

Fonte: Xunta de Galicia

Ponse en marcha unha iniciativa para encher a rede de cancións en galego o día 17 de maio

A comunidade internauta de Galicia está a argallar todo tipo de métodos imaxinativos para comprometerse coa lingua e a cultura galegas. Unha destas iniciativas, chamada Agasallo para o mundo, é unha proposta para tirar proveito do YouTube como canle para agasallar unha canción en galego aos moitos millóns de internautas que andan polo mundo.

Fonte: Código Cero

Os rapaces e rapazas de 16 concellos teñen unha nova cita coas actividades de lecer en galego do programa Bocaberta

O programa de dinamización lingüística Bocaberta visita esta semana 16 concellos de Galicia con novas propostas de actividades que farán gozar os rapaces e rapazas coa lingua galega.

Fonte: Xunta de Galicia

Os premios Bacelos de Prata recoñecen o labor de dous colleiteiros pola comercialización dos seus viños en galego

A VIII edición dos premios Bacelos de Prata recoñeceron os colleiteiros Elisa Collarte e Alfredo Alvarado pola comercialización en galego dos seus viños.

Fonte: Xornal

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder